Artur Bordalo

grafiteiro e artista plástico portugués

Artur Bordalo, máis coñecido polo alcume artístico Bordalo II ou Bordalo Segundo, nado en Lisboa en 1987[1][2], é un grafiteiro e artista plástico portugués. É neto do tamén pintor Artur Real Chaves Bordalo da Silva[2][3], coñecido como Bordalo.

Modelo:BiografíaArtur Bordalo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBordalo II
Bordalo Segundo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, grafiteiro, artista visual, escultor Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de abril de 2016MURO - Festival de Arte Urbana Lx 2016 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Sitio webbordaloii.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: BORDALOII Instagram: b0rdalo_ii LinkedIn: artur-bordalo-43b784119 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa[2].

A súa arte baséase no emprego de residuos urbanos, guiado polo aforismo «o lixo dun pode ser o tesouro doutro»[2]. Tomando como punto de partida o graffiti, empregando pintura en spray, usa obxectos abandonados, desperdicios e refugallos procedentes de obras, ruínas de edificios, coches e fábricas, entre outros, mesturándoas e re-ensamblándoas para crear un novo obxecto artístico. Pretende deste xeito denunciar unha sociedade «extremadamente consumista, materialista e avariciosa» e promover a «sustentabilidade, conciencia ecolóxica e social»[4]. Como consecuencia, os seus graffitis son tridimensionais, superando en moitas ocasións os límites do plano do lenzo, converténdose en baixorrelevos e altorrelevos.

Características da súa obra son o emprego de cores rechamantes. Na temática, gran parte das súas instalacións representan animais (mapaches, raposos, cervos, peixes, bufos, cans, garzas, periquitos, ourizos, flamengos, saltóns, bolboretas, papagaios, lagartas, gatos, suricatas, picapeixes, abellas etc.), que adoitan ser dispostas en diferentes espazos e superficies (habitualmente paredes e muros). Esta serie chámaa "Big Trash Animals", e dela di que «é unha serie en que eu uso lixo e desperdicio urbano para construír imaxes de animais, e a idea por detrás diso é construír imaxes da vítimas con aquilo que os destrúe»[5]. Outra boa parte da súa obra emprega as vías férreas como estrutura de fondo para elaborar os seus graffitis, neste caso habitualmente bidimensionais, nunha serie chamada "Railroad Tracks". Outras series temáticas de Bordalo II son "World Gone Crazy" e "Provocative Street Art".

As súas obras poden ser encontradas en Lisboa, Covilhã, Estarreja, Águeda (Portugal), Roma, Turín, Este (Italia), París (Francia) e Santiago de Chile[6].

Exposicións

editar

Individuais

editar
título ano galería / evento lugar
Tornar o banal original[7] 2011 Montana Shop & Gallery   Lisboa
System Boys[8] 2013 Outsiders Factory   Lausana
World Gone Crazy[9] 2014 Arte Periférica   Lisboa
Pânico, drama, terror[10] 2015 Arte Periférica   Lisboa

Colectivas

editar
evento ano lugar
Walk&Talk Street Art Festival[11] 2013   Ponta Delgada
Wool Urban Art Festival[12][13] 2014   Covilhã
Smart Travel Festival[14] 2014   Braganza
O Bairro i o Mundo Festival[15][16] 2014   Loures
Armazéns do Chiado Art Meeting 2014   Lisboa
Elementi Sotterranei Street Art Festival 2014   Gemona del Friuli
Montana Shop & Gallery "Mar Motto" 2014   Lisboa
Life is Beautiful Festival 2015   Las Vegas
Nuart Festival 2015   Stavanger
From Trash to Art 2015   Bakú
Graffiti Street Underground 2015   Londres
Urban Forms Festival 2015   Łódź
Ocean Climax Festival 2015   Berlín
Agitágueda 2015   Águeda
Observaria 2015   Estarreja
  1. "About". bordaloii.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-05-2017. Consultado o 29-5-2017. I was born in Lisbon, 1987 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Bordalo II – quando o lixo se torna arte". arquitecturaportuguesa.pt (en portugués). 1-5-2015. Arquivado dende o orixinal o 24-11-2017. Consultado o 29-5-2017. 
  3. Mariana Pereira (11-2-2017). "Bordalo II: "Estou a criar imagens com o que destrói o mundo"". Diário de Noticias (en portugués) (Lisboa (Portugal)). Consultado o 29-5-2017. 
  4. "About". bordaloii.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-05-2017. Consultado o 29-5-2017. I belong to a generation that is extremely consumerist, materialist and greedy. With the production of things at its highest, the production of "waste" and unused objects is also at its highest. "Waste" is quoted because of its abstract definition: "one man's trash is another man's treasure". I create, recreate, assemble and develop ideas with end-of-life material and try to relate it to sustainability, ecological and social awareness 
  5. Magnetica Magazine (5-5-2016). "Strongbow - Bordalo II, LX Factory". YouTube (en portugués). Consultado o 29-5-2017. 
  6. "Plastic Lama" en Santiago de Chile, publicado en Facebook o 2-11-2018.
  7. Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (17-11-2011). "“System Boys” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017. 
  8. Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (10-3-2013). "“Tornar o banal original” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017. 
  9. Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (27-1-2014). "“World gone crazy” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017. 
  10. Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (1-6-2015). "“Pânico, Drama, Terror” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017. 
  11. Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (12-7-2013). "Walk & Talk 2013 coming". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017. 
  12. Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (12-11-2014). "WOOL 2014". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017. 
  13. Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (18-11-2014). "WOOL 2014 on residence". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017. 
  14. Lusa (28-11-2014). "Smart Travel junta estrategas internacionais e mostra Nordeste Transmontano". Público (en portugués) (Lisboa (Portugal)). Consultado o 29-5-2014. 
  15. Emanuel J.C. Costa (14-12-2014). "Loures. Quinta do Mocho uma galeria de arte urbana". Blog de Emanuel J.C. Costa (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07-04-2016. Consultado o 29-5-2017. 
  16. bizarrebeyondbelief (27-11-2014). "Bordalo ii – Grey Heron". Bizarre Beyond Belief (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17-02-2017. Consultado o 29-5-2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar