Artturi Ilmari Virtanen

químico finlandés

Artturi Ilmari Virtanen, nado o 15 de xaneiro de 1895 en Helsinqui (Imperio Ruso) e finado o 11 de novembro de 1973 en Helsinqui (Finlandia), foi un químico e profesor universitario finlandés, gañador do Premio Nobel de Química en 1945.

Modelo:BiografíaArtturi Ilmari Virtanen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1895 Editar o valor en Wikidata
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Hietaniemi Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinki
Imperial Alexander University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario, bioquímico, inventor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorValio Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosKaarlo Virtanen Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.472) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 1c17ce41-ddc6-4bde-b875-643570c127a0 WikiTree: Virtanen-71 Find a Grave: 154250279 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Virtanen naceu en Helsinqui, naqueles momentos parte do Imperio ruso, e actualmente capital de Finlandia. Estudou no liceo clásico en Viipuri, tras o cal se dedicou ao estudo da química, a bioloxía e a física. En 1939 obtivo o cargo de profesor de bioquímica no Instituto Tecnolóxico de Finlandia en Helsinqui, dependente da Universidade de Helsinqui.

Investigacións científicas

editar

As súas investigacións tratan sobre os alimentos parcialmente sintéticos para o gando, as bacterias fixadoras de nitróxeno nos nódulos da raíz e tamén sobre métodos mellorados de preservación da manteiga.

En 1945 Virtanen recibiu o premio Nobel de química, pola súa investigación en química aplicada agrícola e en nutrición, especialmente polo seu método da preservación da forraxe (forraxe de AIV). O método (que publicara en 1943) mellorou a almacenaxe da forraxe verde, que é importante durante os invernos longos. O proceso inclúe a adición do Ácido clorhídrico ou sulfúrico diluído no gran para almacenalo novamente. O incremento de acidez detén a fermentación e non ten ningún efecto nocivo no valor nutritivo da forraxe ou nos animais que a inxiren.

Recoñecementos

editar

O asteroide (1449) Virtanen, descuberto polo renomeado astrónomo e físico finlandés Yrjö Väisälä, foi nomeado na súa honra. O cráter lunar Virtanen recibio o nome no seu honor.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Otto Hahn
Premio Nobel de Química
 

1945
Sucesor:
James Batcheller Sumner,
John Howard Northrop e
Wendell Meredith Stanley