Valio (en finés: 'Valio Oy') é unha das maiores empresas de Finlandia, que produce principalmente leite e produtos lácteos tales como queixos, manteiga, iogures e outros. Valio é a industria procesadora de leite máis grande de Finlandia, producindo o 85 % do leite do país.

Valio
(Valio Oy)

Sede de Valio en Pitäjänmäki, Helsinqui
TipoSociedade Limitada
Fundación1905
LocalizaciónHelsinqui, Finlandia Finlandia
Persoas claveAnnikka Hurme
IndustriaIndustria Láctea
Produtos
Beneficio neto€ 2 billóns (2012)
Na rede
http://www.valio.fi/portal/page/portal/valiocom e https://www.valio.fi/
Facebook: ValioRussia VK: valioclub LinkedIn: valio Youtube: UC7mxUNUEVmNqUyHy6LUGy2Q Pinterest: valio Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Valio ten 15 plantas de produción en Finlandia, dúas en Estonia e unha planta para a produción de queixo fundido e un centro loxístico en Moscova, Rusia.

Así msmo conta con empresas subsidiarias que operan en Rusia, Suecia, os Países Bálticos, Bélxica, China e Estados Unidos.

As operacións internacionais representan un terzo da facturación neta de Valio.

A facturación neta do grupo Valio foi de 2 billóns de euros en 2012. A empresa é líder do mercado en produtos lácteos en Finlandia e pioneira na produción de alimentos funcionais.

Valio é propiedade de 18 cooperativas leiteiras que agrupa a uns 7.900 gandeirosa. Na actualidade produce unha gama de aproximadamente 1.000 produtos.

Historia editar

Valio foi fundada en 1905 por 17 cooperativas de gandeiros produtores de leite. O nmoe orixinal da compañía ers Voivienti-osuusliike Valio r.l, é dicir, "Cooperativa Valio Exportadoda de Manteiga". Esta compaññía tiña a súa primeira sede en Hanko,[1] e o seu máis importante mercado era o Reino Unido.

 
A. I. Virtanen.

En 1909 as actividades de Valio ampliáronse, pasando da produción esclusiva de manteiga á doutros produtos lácteos e, ba década de 1920, a comercialización dos seus produtos en Finlandia era xa máis grande que no estranxeiro.

Artturi Ilmari Virtanen (1895–1973), investigador finlandés en química e agricultura, era un empregado de Valio que inventou un método para a conservación de forraxes, que denominou voas súas iniciais, AIV. Os primeiros forraxes AIV, que permitiron mellorar o almacenamento do forrxe verde, sen que fermentara, o que era especialmente importante durante os longos invernos nórdicos, introducíronse en 1929, e o método foi patentado en 1932. En 1945 Virtanen foi galardoado co Premio Nobel de Química "polas súas investigacións e invencións en agricultura e nutrición química, especialmente polo seu método de conservación de forraxes". O importe do premio emprgouno no eu equipo de traballo.

 
O Centro Comercial do Centro de Kamppi.

En 2001, Valio lanzou ao mercado un tipo de leite e de derivadoa lácteo sen lactosa, fabricados mediante un método de separción cromatográfica patentado pola empresa, que comercializou tamén en Suecia, Estonia, Bélxica,[2] e nos Estados Unidos, onde a empresa empezou a utilizar o método da ultrafiltración.[3]

En 2004, Valio vendeu o seu procedemento de fabricación de xeados á compañía multinacional Nestlé, permitíndolle tamén o uso do nome "Valiojäätelö" durante 10 anos (que rematou en 2014).[4]

En 2005 inaugurosuse Valion Jäätelöbaari (a Xeadaría Valion), deseñada por Paola Suhonen, no Centro de Kamppi, en Helsinqui.

En 2007, Valio investiu uns 60 millóns de euros nunha factoría cerca de Moscova para o envasado de queixo e manteiga para o mercado ruso, así como un centro loxístico para enviar os seus produtos desde a capital de Rusia até o Pacífico.

Os produtos son na súa maioría importados da empresa matriz en Finlandia. A capacidade de produción da planta moscovita será de 8.000 t por ano, e pode ampliarse até as 20.000 t. Traballarán na fábrica máis 400 empregados. A facturación de Valio en Rusia foi de 283 millóns de euros en 2010, o que a converte no maior operador finlandés de produtos de gran consumo no mercado ruso despois de Nokia.

Despois de que en 2014 a UE impuxera sancións a Rusia á causa do conflito en Ucraína,[5] a manteiga fabricada por Valio na Rusia aparece nos supermercados dos Estados Unidos baixo a marca FINLANDIA.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Hanko é unha vila portuaria (na actualidade conta cuns 10.000 habitantes) situada no sur de Finlandia, na rexión de Uusimaa.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2009. Consultado o 06 de abril de 2015. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 06 de abril de 2015. 
  5. La Unión Europea aprueba nuevas sanciones contra Rusia Diario El País (España), 14-09-2014.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar