Arquidiocese de Armagh
A arquidiocese de Armagh é unha das catro arquidioceses metropolitanas de rito romano da illa de Irlanda. O seu titular está na catedral católica romana de San Patricio en Armagh e é recoñecido como o primado de Irlanda.[1] Non se debe confundir coa diocese homónima da Igrexa anglicana.
Arquidiocese de Armagh | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | arquidiocese metropolitana católica romana |
Data de fundación | 1152 |
Presidente/a | Eamon Martin (pt) ![]() ![]() |
Nº de membros | 242.860 (2018) ![]() |
Sede | Armagh |
En | Irlanda do Norte |
País | Reino Unido |
Na rede | |
https://www.armagharchdiocese.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEstableceuse como diocese en 445 por San Patricio, e como tal é a máis antiga que se constituíu nas Illas Británicas. Foi elevada ao rango de arquidiocese en 1111 durante o sínodo de Ráth Breasail. En 1152, despois do sínodo de Kells-Mellifont, o seu status confírmase como sufragáneas:
- a Diocese de Ardagh ,
- a Diocese de Clogher e Louth ,
- a Diocese de Clonmacnoise ,
- a Diocese de Connor ,
- a Diocese de Down ,
- a Diocese de Derry e Maghera ,
- a Diocese de Dromore creada en 1197 ,
- a Diocese de Raphoe ,
- a Diocese de Meath e Clonard ,
- a Diocese de Kilmore .
Territorio
editarA provincia atópase en gran parte dentro do territorio británico de Irlanda do Norte cos condados de Armagh, Tyrone e Derry, pero tamén dentro do territorio da República de Irlanda cos condados de Louth e Meath.
Notas
editar- ↑ "Décès du cardinal Daly, ancien primat d'Irlande". La Croix (en francés). 2010-01-01. ISSN 0242-6056. Consultado o 2023-01-22.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Outros artigos
editar- Arcebispo de Armagh (Igrexa de Irlanda)
- Igrexa anglicana
- Igrexa anglicana en Irlanda
- Igrexa católica
- Igrexa católica en Irlanda
- Druidismo
- Illa de Irlanda
- Toda Irlanda
Ligazóns externas
editar- (en) Catholic Hierarchy
- (en) GCatholic.org