Arquidiocese católica latina de Atenas

A arquidiocese de Atenas (en latín: Archidioecesis Atheniensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa S. En 2012 tiña 101.600 bautizados sobre unha poboación total de 6 285 000 habitantes. O seu ordinario actual é, dende o 14 de xullo 2021, Theodoros Kontidis da Compañía de Xesús.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Atenas
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°00′N 23°42′L / 38, 23.7Coordenadas: 38°00′N 23°42′L / 38, 23.7
Poboación
Poboación6.145.400 (2018) Editar o valor em Wikidata (131,38 hab./km²)
Lingua usadalingua grega Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie46.775 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación23 de xullo de 1875 Editar o valor em Wikidata
CatedralCathedral Basilica of St. Dionysius the Areopagite (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webcathecclesia.gr Editar o valor em Wikidata

Territorio editar

A arquidiocese ten xurisdición sobre os fieis católicos latinos das seguintes rexións de Grecia: Ática, Grecia Central, Grecia Occidental e Peloponeso.

A sé arcebispal é a cidade de Atenas, onde está a Catedral de San Dionisio o Areopaguita. O territorio ten unha superficie de 46.775 km² e está dividido en 14 parroquias.

Historia editar

A diocese de Atenas, antes do Gran Cisma de 1054 era unha se sufragánea da arquidiocese de Corinto, baixo o patriarcado de Constantinopla. A arquidiocese latina foi erixida a comezos do século XIII con ocasión da conquista de Constantinopla por parte dos cruzados (1204). O primeiro arcebispo foi o francés Berardo, cuxa elección foi confirmada polo papa Inocencio III o 27 de novembro de 1206.

O mesmo pontífice definiu o estatuto da nova arquidiocese latina, en continuidade coa grega, da que tomou o posto. Nunha carta do 13 de febreiro de 1209 listou as dioceses sufragáneas de Atenas, que eran as mesmas que as da arquidiocese grega naquel período: Negroponte, Termópilas, Davalia, Avlon, Oreoi, Caristo, Queronea, Megara, Ceos, Andros e Esciro. Coa mesma carta, o papa concedeu a Berardo o palio.

Logo da caída de Constantinopla de 1453, tamén os outros territorios de Grecia baixo dominio occidental pasaron a dominio do Imperio Otomán; Atenas foi conquistada en 1458. O derradeiro arcebispo latino, Nicola Protimo, fuxiu da cidade e buscou refuxio na illa de Eubea, gobernada polos venecianos, e permaneceu alí até a súa morte en 1482. Dende este momento, a arquidiocese foi transformada en sé titular.

En 1833 Grecia obtivo a independencia. O 19 agosto do ano seguinte o papa Gregorio XVI instituíu a delegación apostólica de Grecia, co propósito de atender os intereses dos fieis católicos do novo reino. O 23 de xullo de 1875 o papa Pío IX restaurou a arquidiocese de Atenas, con xurisdición sobre toda Ática.

O 18 de marzo de 1926, co breve Quae catholico do papa Pío XI, os territorios do Peloponeso e a illa de Citerea, até entón sen xurisdición eclesiástica e administrados directamente polo delegado apostólico, foron unidos á arquidiocese de Atenas.[1] No mesmo ano, outras modificacións territoriais realizadas pola Santa Sé remataron co papel de delegado apostólico do arcebispo de Atenas.

Episcopoloxio editar

Notas editar

  1. "Breve Quae catholico" (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) 18: 484. 1926. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar