Theodoros Kontidis

Theodoros Kontidis, nado en Tesalónica o 11 de marzo de 1956, é un eclesiástico católico latino xesuíta, arcebispo elixido de Atenas dende 2021.[1]

Theodoros Kontidis S.I.
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1956 en Tesalónica, Grecia
Ordes
Ordenación sacerdotal19 de outubro de 1988, por Nikolaos Foskolos
Consagración episcopal18 de setembro de 2021
Arcebispo metropolitano elixido de Atenas
2021 - actualidade
PredecesorSevastianos Rossolatos
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Theodoros Kontidis naceu o 11 de marzo de 1956 en Tesalónica, Macedonia. Desde 1974, estudou na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma. En 1983, ingresou na orde dos xesuítas e o 9 de outubro de 1988 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Atenas, Nikolaos Foskolos. Despois, obtivo unha licenciatura en teoloxía no Centre Sèvres de París.

En 1995, exerceu a súa solemne profesión. Despois converteuse en responsable da pastoral vocacional e superior da comunidade xesuíta de Atenas. Dende 2021, é párroco da parroquia de Sant'Andrea en Patras.

O 14 de xullo de 2021, o papa Francisco nomeouno arcebispo metropolitano de Atenas. A ordenación episcopal na catedral de San Dionisio Areopagita está prevista para o 18 de setembro de 2021.[2]

NotasEditar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Sevastianos Rossolatos
 Arquebispo elixido de Atenas 
2021 - actualidade
Sucesor:
actualidade


NotasEditar