Antonio Platas Reinoso

mestres e político galego

Antonio Platas Reinoso, nado en Santiago de Compostela o 3 de agosto de 1907 e finado en Baio o 9 de abril de 1971, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaAntonio Platas Reinoso
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1907 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Baio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAntonio Platas Tasende Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Obtivo o título de mestre e foi Premio Extraordinario da Escola Normal de Santiago de Compostela en 1926. Ao ano seguinte obtivo o Premio á Virtude e ao Traballo. En novembro de 1926 comezou a carreira docente na escola da Escravitude (Padrón). Despois pasou polas escolas de Sorribas (Rois), Serres (Muros) e As Somozas. En 1930 obtivo praza definitiva en Lañas (Arteixo). Na República foi presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza de Arteixo e organizou as Misións culturais en xuño de 1932, nas que impartiu a conferencia "Concepto de la libertad, derechos y deberes".[1]

Vinculouse ao Partido Galeguista facendo propaganda do seu ideario. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado. Abríronlle expediente de depuración que se resolveu en xullo de 1940 co resultado de suspensión durante dous anos de emprego e soldo e traslado fóra da provincia durante cinco anos. Conseguiu a revisión do expediente e a finais de 1942 foi rehabilitado. Foi destinado a Pedrafita, e despois a San Cremenzo de Pazos (Zas). En 1944 foi destinado a Alfoz, onde permaneceu ata 1948 cando foi trasladado a Corme. Despois permutou a praza de Corme pola de Baio. Foi mestre en Baio durante 23 anos. En Baio dirixiu as obras das Escolas Agra Regueiro inauguradas en 1954 e foi un dos fundadores do CD Baio, do que foi directivo e foi un dos responsables de que o club dispuxese do Campo do Balsiño.

Finou en Baio o 9 de abril de 1971.[2]

Recoñecementos editar

  • Unha rúa de Baio leva o nome de Mestre Platas dende 1990.

Vida persoal editar

Casou en 1938 con Consuelo Tasende Fachal e foi pai de Antonio e Ana María Platas Tasende.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 16-6-1932, p. 6.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-4-1971, p. 13.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Blanco Rey, Manuel (2008). Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil. Santiago de Compostela: Tórculo. 

Ligazóns externas editar