Antin Seliava
Antin Seliava (en ucraíno: Антін Селява; en polaco: Antoni Sielawa; en belaruso: Антоній Сялява), nado arredor de 1583 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania, hoxe Belarús) e finado o 5 de outubro de 1655, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1641 até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1583 Voivodato de Połock, Gran Ducado de Lituania |
Morte | 5 de outubro de 1655 (71/72 anos) Tykocin, Polonia (pt) |
Lugar de sepultura | Minsk |
Arcebispo católico | |
5 de novembro de 1640 – ← Mikołaj Korsak – Gabriel Kolenda → | |
Arcebispo católico | |
1624 – ← Xosafat Kuntsevych – Gabriel Kolenda → | |
Metropolitano de Kíiv | |
Arcebispo metropolitano | |
Polish elector (en) | |
Arcebispo de Polotsk | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia |
Educación | Pontificio Colexio Grego de San Atanasio |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1624–), sacerdote católico (1617–) |
Orde relixiosa | Orde de San Basilio Magno |
Consagración | Yosyf Rutskyi |
Participou en | |
27 de setembro de 1632 | 1632 Polish–Lithuanian royal election (en) |
Familia | |
Familia | House of Sielawa (en) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Polish Biographical Dictionary (en) Belarusian encyclopedia (vol. 15) (en) , (p.338) |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarAntin Seliava naceu arredor do ano 1583 en Polack.[1] Ingresou en 1612 no mosteiro da Santa Trindade dos basilianos en Vilnius, facendo o novizado baixo a dirección de Xosafat Kuntsevych.[1] En 1615 foi enviado a Roma para ampliar os seus estudos no Pontificio Colexio Grego, e á súa volta a Lituania traballou na reforma levada a cabo nos mosteiros polo metropolita Rutskyi. En outubro de 1617 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno. Posteriormente, dende 1622, foi arquimandrita dos mosteiros de Vilnius e de Navahrudak, e participou activamente nas polémicas relacionadas coa restauración da metrópole ortodoxa en 1620.[1]
Arcebispo de Polack
editarLogo do martirio de Kuntsevych en Witebsk o 12 de novembro de 1623, Seliava foi en 1624 elixido arcebispo de Polack,[1] e recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Yosyf Rutskyi o 18 de xaneiro do mesmo ano. Como arcebispo foi impulsor e puxo en marcha o proceso de canonización de Kuntsevych, quen foi finalmente beatificado en 1643.[1]
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus
editarNunha viaxe do metropolita Korsak a Roma, en 1639, Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa Urbano VIII e ao rei Ladislau IV como posible sucesor.[1] En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en 1641 metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus, cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de 1655.[2] Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en 1642 foi elixido tamén como superior da orde basiliana.[2]
Os primeiros anos do seu goberno da Igrexa ucraína foron pacíficos: combateu con éxito o intento do clero latino de debilitar a Igrexa bizantina, e entre 1645 e 1647 dirixiu importantes negociacións cos ortodoxos que, porén, se interromperon co pasamento de Petro Mohyla.[2] Posteriormente tivo que afrontar as consecuencias da rebelión de Bohdan Khmelnytsky en 1648: a paz chegou co tratado de Zboriv de agosto de 1649, que entre outras provisións incluíu a supresión da Igrexa greco-católica nos territorios do Hetmanato e a cesión das súas propiedades á Igrexa ortodoxa.[2] Malia as protestas de Seliava e do nuncio, o rei Xoán II Casimiro de Polonia aprobou o tratado en xaneiro de 1650.
A situación empeorou posteriormente co Tratado de Pereiaslav de 1654, que puxo ao Hetmanato en dependencia do Tsarato de Rusia, e coa entrada de tropas rusas nos territorios da Coroa. Logo de deixar o goberno da súa arquidiocese en mans de Havryil Kolenda, Seliava se trasladou a Podlaquia, residindo en diferentes mosteiros até que, perseguido e esgotado, finou aos 72 anos (en 1655) na poboación de Tykotsin.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
- Мудрий, Софрон (1995). Нарис історії Церкви в Україні. Roma / Lviv. OCLC 36087791.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Xosafat Kuntsevych |
Arcebispo de Polack 1624 - 1655 |
Sucesor: Havryil Kolenda |
Predecesor: Rafail Korsak |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1641 - 1655 |
Sucesor: Havryil Kolenda |