Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko

Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko (en ucraíno: Іриней-Іван Іванович Назарко), nado o 7 de xullo de 1905 en Tovstoluh (hoxe Ucraína) e finado en Otava o 20 de abril de 1976, foi un sacerdote grecocatólico ucraíno, académico e teólogo. Foi membro da Sociedade Científica Shevchenko dende 1954, e membro da Academia Libre Ucraína das Ciencias, da Sociedade Académica Teolóxica Ucraína e da Sociedade Histórica Ucraína.

Іриней-Іван Іванович Назарко
(Irynei-Ivan Ivanovych Nazarko)
Sacerdote da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1905 en Tovstoluh, rexión de Ternopil, Ucraína
Pasamento20 de abril de 1976 en Otava, Canadá
Ordes
Ordenación sacerdotal30 de novembro de 1930

Biografía editar

Naceu o 7 de xullo de 1905 en Tovstoluh (hoxe Ucraína).[1] Logo de graduarse no ximnasio en Ternopil, entrou no mosteiro de Krekhiv da Orde de San Basilio Magno,[1] e posteriormente graduouse polo seminario de Krystynopil.

O 30 de novembro de 1930 foi ordenado sacerdote,[1] e continuou os seus estudos en Viena e Innsbruck. Foi organizador (1932) da Sociedade Mariana de Lviv, e editor das súas publicacións.[1]

Entre 1941 e 1944 foi abade da Igrexa de San Onofrio de Lviv.[1]

Entre 1946 e 1948 viviu en Alemaña, e en 1948 emigrou ao Canadá.[1] Alí doutorouse en Filosofía na Universidade de Otava,[1] e posteriormente foi profesor de Historia da Igrexa nas universidades de Montreal e Otava.[1]

En 1953 trasladouse a Roma, onde formou parte da Curia Xeral da súa orde até 1963.[1] Entre 1954 e 1967 foi editor dos Analecta OSBM, e entre 1955 e 1967 reitor do Pontificio Colexio Ucraíno.[1] En 1967 volveu ao Canadá, onde foi párroco en Ontario até 1974, e asistente espiritual para os basilianos na Universidade Católica de Otava.[1]

Obra editar

  • Клим Смолятич і його послання [Klym Smoliatych e a súa mensaxe]. 1952. 
  • Святий Володимир Великий [San Vladimiro o Grande]. 1954. 
  • Папа Іннокентій ХІ і Україна [O papa Inocencio XI e Ucraína]. 1957. 
  • Київські і Галицькі Митрополити [Metropolitas de Kiev e Galicia]. 1962. 
  • Роля козаків під Віднем [O papel dos cosacos arredor de Viena]. 1969. 

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Volodymyr Kubiiovych, Danylo Huzar-Struk, ed. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 569. ISBN 9780802033628. Nazarko, Irynei