Orde de San Basilio Magno
A Orde de San Basilio Magno (en latín: Ordo Sancti Basilii Magni; en ucraíno: Чин Святого Василія Великого), tamén coñecida como Orde Basiliana de San Xosafat, é un instituto relixioso masculino de dereito pontificio e de rito bizantino. Os seus membros engaden ao seu nome as siglas O.S.B.M.
Orde de San Basilio Magno Ordo Sancti Basilii Magni | |
---|---|
Instituto relixioso da Igrexa Católica | |
Historia | |
Fundación | 1607 en Gran Ducado de Lituania |
Fundador | Yosyf Rutskyi e Yosafat Kuntsevych |
Aprobación | 20 de agosto de 1631 por Urbano VIII |
Goberno e estrutura | |
Protoarquimandrita | Genezii Viomar |
Outros datos | |
Siglas | O.S.B.M. |
Historia
editarOs monxes basilianos tiveron un papel importante na difusión do cristianismo na Rus de Kíiv. Coa Unión de Brest da Metrópole de Kíiv coa Igrexa Católica, o metropolita Yosyf Rutskyi e o bispo Yosafat Kuntsevych reformaron o monasticismo segundo o modelo das ordes relixiosas latinas, e favoreceron a unión de varios monasterios baixo o goberno dun protoarquimandrita. O papa Urbano VIII aprobou a orde cun breve do 20 de agosto de 1631.
Logo das particións de Polonia a orde sufriu moito por mor da persecución tsarista e xosefinista. En 1882 o papa León XIII promoveu a restauración da orde, o que foi posíbel especialmente grazas ao traballo e Andrei Sheptytskyi. O papa Pío XII aprobou o 14 de xuño de 1954 as novas constitucións da orde.