Andrei Sheptytskyi

Arcebispo de Lviv dos Ucraínos, Metropolita de Galicia, Primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína

Andrei Sheptytskyi (en ucraíno: Андрей Шептицький), nado o 29 de xullo de 1865 en Prylbychi (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Ucraína) e finado o 1 de novembro de 1944 en Lviv, foi arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia, e primado da Igrexa católica bizantina ucraína entre 1900 e 1944.

Андрей Шептицький
(Andrei Sheptytskyi)
Metropolita da Igrexa católica bizantina ucraína
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1865 en Prylbychi
Pasamento1 de novembro de 1944 en Lviv
Ordes
Consagración episcopal17 de setembri de 1899, por Yulian Sas-Kuilovskyi
Metropolita de Galicia
1900 - 1944
PredecesorYulian Sas-Kuilovskyi
SucesorYosyf Slipyi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria Editar

Roman Mariia Aleksandr Sheptytskyi naceu o 29 de xullo de 1865 en Prylbychi,[1] unha vila do distrito de Yavoriv, entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco. A súa familia era da nobreza católica polaca, aínda que tamén con ascendencia ortodoxa ucraína.[1]

Sheptytskyi estudou Leis en Cracovia e Wrocław, doutorándose en 1888, e posteriormente entrou nun mosteiro basiliano, tomando o nome monástico de Andrei.[1] O 28 de agosto de 1892 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno, e continuou a estudar Teoloxía cos xesuítas en Cracovia, doutorándose en 1894.[1]

O 19 de xuño de 1899 foi nomeado bispo de Ivano-Frankivsk. Recibiu a consagración episcopal o 17 de setembro de mans do arcebispo de Lviv Yulian Sas-Kuilovskyi,[1] sendo os co-consagradores principais Kostiantyn Chekhovych, bispo de Przemyśl, e Joseph Weber, bispo auxiliar de Lviv.

O 31 de outubro de 1900 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína, sendo confirmado o 17 de decembro de 1900 como arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia.[1]

Durante a primeira guerra mundial foi arrestado polos rusos por mor da súa nacionalidade austro-húngara, até que foi liberado en 1918 como consecuencia da revolución soviética.[1]

Finou en Lviv o 4 de novembro de 1944.

O 16 de xullo de 2015 foi declarado venerable polo papa Francisco.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Bartrop, Paul R. (2016). Resisting the Holocaust: Upstanders, Partisans, and Survivors (en inglés). ABC-CLIO. pp. 259–261. ISBN 9781610698795. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Yulian Sas-Kuilovskyi
 Bispo de Stanislaviv 
18991900
Sucesor:
Hryhorii Khomyshyn
Predecesor:
Yulian Sas-Kuilovskyi
 Arcebispo de Lviv e Metropolita de Galicia 
19001944
Sucesor:
Yosyf Slipyi