Yulian Sas-Kuilovskyi

Yulian Sas-Kuilovskyi (en ucraíno: Юліан Сас-Куїловський, en polaco: Julian Kuiłowski), nado o 1 de maio de 1826 en Koniushky-Korolivski (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Ucraína) e finado o 4 de maio de 1900 en Lviv, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1899 e 1900.

Юліан Сас-Куїловський
(Yulian Sas-Kuilovskyi)
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento1 de maio de 1826 en Koniushky-Korolivski
Pasamento4 de maio de 1900 en Lviv
Metropolita de Lviv
1899 - 1900
PredecesorSylvestr Sembratovych
SucesorAndrei Sheptytskyi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Yulian Sas-Kuilovskyi naceu o 1 de maio de 1826 en Koniushky-Korolivski,[1][2] unha vila do distrito de Sambir, entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco. O 1 de abril de 1854 foi ordenado sacerdote.[2]

O 26 de xuño de 1890 foi nomeado bispo auxiliar de Przemyśl, Sambor e Sanok e bispo titular de Hephaestus.[2] Recibiu a consagración episcopal o 17 de agosto de mans do arcebispo de Lviv Sylvestr Sembratovych, sendo os co-consagradores principais Łukasz Solecki, bispo latino de Przemyśl, Yulian Pelesh, bispo de Ivano-Frankivsk, e Jacobus Glazer, bispo auxiliar de Przemyśl.

O 3 de agosto de 1891 foi nomeado bispo de Ivano-Frankivsk,[2] recibindo a confirmación o 29 de setembro.[2] O 19 de xuño de 1899 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv,[2] o que foi confirmado polo papa o 30 de agosto,[2] mais finou ao ano seguinte en Lviv, o 4 de maio de 1900.[2]

Notas editar

  1. Гаюк, Володимир Васильович (1992). Галицькі митрополити (en ucraniano). Lviv: Lohos. p. 84. ISBN 9785770713428. Юліян Куїловський прийшов на світ 1 травня 1826 року в сім'ї отця Венедикта, пароха Конюшок Королівських [...] 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 181. OCLC 22834909. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar