António Leal Moreira
António Leal Moreira, nado en Abrantes o 30 de xuño de 1758 e finado en Lisboa o 26 de novembro de 1819, foi un compositor portugués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1758 ![]() Abrantes, Portugal ![]() |
Morte | 26 de novembro de 1819 (61 anos) Lisboa, Portugal ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Portugal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor , organista , director de orquestra , mestre ![]() |
Xénero artístico | Ópera, liturgical music (en) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua portuguesa ![]() |
Instrumento | Órgano ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Vida
editarO 30 de xuño de 1766, António Leal entrou no Seminario da Patriarcal de Lisboa, onde foi alumno de João de Sousa Carvalho. En 1775 converteuse no asistente do seu profesor e organista e en 1787 convértese en mestre de capela. O 19 de maio de 1777 realizou o seu primeiro traballo sacro, a "Missa do Espírito Santo", que foi cantada durante a aclamación da raíña María I de Portugal. O 8 de agosto do mesmo ano foi admitido como membro da unión de músicos de Lisboa, a Irmandade de Santa Cecília. A maior parte da súa música sacra foi composta para a Capela Real, e dende 1782 comezou a escribir serenatas, que se representaban nos pazos de Queluz e Ajuda.
En 1790 converteuse no director musical do Teatro da Rúa dos Condes, onde estaban a representar óperas italianas. Tres anos despois, no pazo do financiador Anselmo José da Cruz Sobral, en Lisboa, estreou o drama Il natale augusto. Entre os cantantes que participaron cómpre destacar a mezzosoprano portuguesa Luísa Todi.
En 1793, Moreira converteuse no primeiro director musical do novo Teatro de São Carlos, onde foi representada a súa obra con texto en portugués, A vingança da cigana (1794). En 1799 deixoulle a dirección do São Carlos a Marcos Portugal e a Francesco Federici. Ao ano seguinte, contribuíu coa produción "pastiche" "Il disertore francese", que chegou ser representada no Teatro Carignano de Turín e no Teatro alla Scala de Milán.
Consideracións sobre o artista
editarA súa obra operística e sacra está fortemente influenciada polo estilo de Giovanni Paisiello e Domenico Cimarosa. Logo de António Teixeira foi o primeiro en compoñer ópera empregando o texto en portugués, mais a maior parte das súas obras están en italiano.
Composicións
editarÓpera
editar- Bireno ed Olimpia (serenata, libreto de Gaetano Martinelli, 1782, Lisboa)
- Siface e Sofonisba (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1783, Lisboa)
- L'imenei de Delfo (drama lírico alegórico, libreto de Gaetano Martinelli, 1785, Lisboa)
- Ascanio in Alba (drama para música cantada, libreto de Claudio Nicola Stampa, 1785, Lisboa)
- Artemisia, regina de Caria (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1787, Lisboa)
- Gli eroi spartani (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1787, Lisboa)
- Gli affetti del genio lusitano (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1789, Lisboa)
- Il puro omaggio (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1791, Lisboa)
- Il natale augusto (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1793, Lisboa)
- A saloia enamorada, ou O remédio é casar (farsa, libreto de D. Caldas Barbosa, 1793, Lisboa)
- A vingança da cigana (drama joco-sério, libreto de D. Caldas Barbosa, 1793, Lisboa)
- L’eroina lusitana (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1795, Lisboa)
- Musiche ne Il disertore francese (ópera buffa, 1800, Turim)
- Arie ne Il serraglio d'Osmano de Giuseppe Gazzaniga
Outros traballos
editar- Ester (oratorio, libreto de Gaetano Martinelli, 1786, Lisboa).
- 5 vilancicos (1779).
- 4 misas.
- 2 magnificats.
- 11 responsorios.
- Diversos salmos.
- Outros traballos sacros menores.
- Moda de Zambumba para 3 voces e pianoforte.
- Sinfonía en re maior para 2 orquestras (1793).
- Sinfonía en si maior (1803).
- Sinfonía en re maior (1805).
- Sinfonía par 6 órganos.