António Teixeira
António Teixeira, nado en Lisboa o 14 de maio de 1707 e finado en 1774, foi un compositor portugués.
António Teixeira | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1707 |
Lugar de nacemento | Lisboa |
Falecemento | 1769 |
Lugar de falecemento | Lisboa |
Nacionalidade | Reino de Portugal |
Ocupación | compositor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Naceu e morreu en Lisboa. Estudou en Roma de 1714 a 1728, e no día 11 de xuño do mesmo ano foi elixido Capelán-cantor da Sé de Lisboa. Escribiu algunhas cantatas festivas para membros da aristocracia e compuxo música para polo menos tres Óperas de António José da Silva, Guerras de Alecrim e Menjerona, As Variedades de Proteu e O Labirinto de Creta. José Mazza afirmou ter composto sete Óperas, que foron realizados por grandes marionetas, no Teatro do Bairro Alto en Lisboa entre 1733 e 1739. No día 28 de novembro de 1765 tórnase membro da Irmandade de Santa Cecília. A súa obra máis importante é o sacro Te Deum a 20 voces para a igrexa de San Roque, un traballo en grande escala que sofre a influencia do modo policoral do barroco romano. As súas obras sacras están nos arquivos da Sé de Lisboa.
Obras Editar
Música vocal secular Editar
- Os esposos felizes (composición 1732, Lisboa)
- Os encantos de Medeia (ópera, libretto de António José da Silva, 1735, Lisboa)
- Guerras do alecrim e manjerona (ópera joco-séria, libretto de António José da Silva, 1737, Lisboa)
- Composición dramática para cantarse en ocasión da felicisima boda da Ilustrísima e Excelentísima Señora D. Joana Perpétua de Bragança co Ilustrísimo e Excelentísimo Señor Marqués de Cascais D. Luís de Castro (1738)
- Glória, Fama, Virtude (cantata a 3 voces concertadas)
- Dueto para 2 voces e baixo continuo
Obras de dubidosa atribución Editar
- Vida do grande D. Quixote de la Mancha e do gordo Sancho Pança
- Anfritrião, ou Júpiter e Alcmena
- O labirinto de Creta
- As variedades de Proteu (1737)
- Precipício de Faetonte and Esopaida, ou Vida de Esopo
Música sacra Editar
- Misa para 8 voces
- Misa para 4 voces
- Miserere para 8 voces
- Lamentacións de Xeremías o Profeta
- Salvo para 4 voces para Santo António dos Portugueses (Roma)
- Varios ofertorios, lamentacións e motetos
- Te Deum para 20 voces e orquestra (1734)
- O salutaris hostia para 5 voces, 2 violinos, baixo e órgan
- Tantum ergo para 5 voces, 2 violinos, baixo e órgan
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- M.C. de Brito: Opera in Portugal in the Eighteenth Century (Cambridge, 1989)