Magníficat
O Magníficat (tamén coñecida coma canción de María ou canto de María) é un cántico entoado (ou recitado) adoito na liturxia dos servizos eclesiásticos cristiáns. O texto do cántico vén directamente do Evanxeo de Lucas, onde é recitado pola Virxe María en ocasión da Visitación da súa prima Sabela. Na narración, despois de que María saudase a Sabela, que está embarazada daquel que será coñecido coma Xoán o Bautista, o neno reméxese dentro do útero de Sabela. Cando esta loa a María pola súa fe, María entoa o Magníficat como resposta.
O cántico fai eco de diversas pasaxes do Antigo Testamento, porén, as alusións máis notábeis son as feitas á Canción de Ana, dos Libros de Samuel. Xunto co Benedictus e o Nunc dimittis, e diversos outros cánticos do Antigo Testamento, o Magníficat foi incluído no Libro de Odes, unha antiga colectánea litúrxica atopada nalgúns manuscritos da Biblia dos Setenta.
No cristianismo, o Magníficat é recitado con máis frecuencia dentro da Liturxia das Horas. No cristianismo occidental o Magníficat é máis cantado ou recitado durante o principal servizo vespertino: as Vésperas, no catolicismo romano, e a Oración Vespertina (Evening Prayer ou Evensong, en inglés), dentro da comuñón anglicana. No cristianismo oriental o Magníficat acostuma ser cantado durante as mañás de domingo. En certos grupos protestantes o Magníficat pode ser cantado durante os servizos de culto.
Texto en galego
editarA primeira tradución do Magníficat en lingua galega data de 1886, realizada por Urbano Ferreiroa, incluída en Magnificat in XL linguas versum et propriis caracteribus redditum et expressum, agasallo para o papa León XIII.[1]
- A miña alma grorifica o Siñor:
- I’o meu ispritu saltou d’alegria en Dios
- miña salvacion.
- Porque puxo os seus ollos na pobreza
- d’a sua nena:
- e por eso desd’agora mismo todas as xentes chamaránme dichosa.
- Porque fixo en min cousas grandes quen pode,
- y’o seu nome é santo.
- Y’a sua misericordia chega
- d’os fillos a os fillos
- que lle tén medo.
- Mostrou forza co’a sua mau:
- botou abaixo os castélos
- qu’os soberbios finxiron no seu curazon,
- Quitoulle á silla os valentes,
- é puxo n’ela os pequiniños.
- Encheu de cousas boas os probiños,
- y’os ricos mandou-nos lonxe de si cheos de vento.
- O seu neno Esrael
- acolleuno ond’a si porque non se esqueceu d’a sua misericordia.
- Según ó que falára os nosos páis,
- á Abrán y’a sua parentéla que non morrerá namentres axa mundo.
A continuación reproducimos a tradución do Leccionario de 2001.
- Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
- e alégraseme o espírito en Deus,
- o meu Salvador,
- porque reparou na humillación
- da súa escrava.
- Dende agora chamaranme ditosa tódalas xeracións,
- porque fixo marabillas en min o Poderoso.
- O seu nome é santo,
- e a súa misericordia chega,
- xeración tras xeración,
- a tódolos que o temen.
- Manifestou o poder do seu brazo,
- dispersou os soberbios de corazón;
- derrubou os poderosos dos seus tronos
- e elevou os humildes; os famentos encheunos de bens,
- e os ricos despediunos baleiros.
- Amparou a Israel, o seu servo,
- lembrándose da súa misericordia,
- conforme o prometera ós nosos pais,
- a Abraham e á súa descendencia para sempre.
Texto en grego moderno
editar- Μεγαλύνει ἡ ψυχή μου τὸν Κύριον καὶ ἠγαλλίασε τὸ πνεῦμά μου ἐπὶ τῷ Θεῷ τῷ σωτῆρί μου,
- ὅτι ἐπέβλεψεν ἐπὶ τὴν ταπείνωσιν τῆς δούλης αὐτοῦ. ἰδοὺ γὰρ ἀπὸ τοῦ νῦν μακαριοῦσί με πᾶσαι αἱ γενεαί.
- ὅτι ἐποίησέ μοι μεγάλα ὁ δυνατός καὶ ἅγιον τὸ ὄνομα αὐτοῦ, καὶ τὸ ἔλεος αὐτοῦ εἰς γενεὰς γενεῶν τοῖς φοβουμένοις αὐτόν.
- Ἐποίησε κράτος ἐν βραχίονι αὐτοῦ, διεσκόρπισεν ὑπερηφάνους διανοίᾳ καρδίας αὐτῶν·
- καθεῖλε δυνάστας ἀπὸ θρόνων καὶ ὕψωσε ταπεινούς, πεινῶντας ἐνέπλησεν ἀγαθῶν καὶ πλουτοῦντας ἐξαπέστειλε κενούς.
- ἀντελάβετο Ἰσραὴλ παιδὸς αὐτοῦ, μνησθῆναι ἐλέους, καθὼς ἐλάλησε πρὸς τοὺς πατέρας ἡμῶν, τῷ Ἀβραὰμ καὶ τῷ σπέρματι αὐτοῦ εἰς τὸν αἰῶνα.
Texto en latín
editar- Magnificat anima mea Dominum
- Et exultavit spiritus meus in Deo salutari meo.
- Quia respexit humilitatem ancillæ suæ: ecce enim ex hoc beatam me dicent omnes generationes.
- Quia fecit mihi magna qui potens est, et sanctum nomen eius.
- Et misericordia eius a progenie in progenies timentibus eum.
- Fecit potentiam in bracchio suo, dispersit superbos mente cordis sui.
- Deposuit potentes de sede et exaltavit humiles.
- Esurientes implevit bonis et divites dimisit inanes,
- Suscepit Israel puerum suum recordatus misericordiæ suæ,
- Sicut locutus est ad patres nostros, Abraham et semini eius in sæcula.
Notas
editar- ↑ FERRO RUIBAL, Xesús: "A primeira tradución do magnificat ó galego". Academia. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magníficat |