Urbano Ferreiroa Millán
Urbano Ferreiroa Millán, nado en Navío (San Amaro) o 30 de setembro de 1845 e finado no mesmo concello o 20 de febreiro de 1901, foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1845 Navío, España |
Morte | 21 de febreiro de 1901 (55 anos) Navío, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , autor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fixo os estudos medios no Instituto de Ourense e despois filosofía e teoloxía no seminario desa cidade. Doutorouse noutros centros e graduouse en Roma, onde parece que recompilou datos para posteriores investigacións. Regresou a Ourense e fundou xunto con Venancio Moreno Pablos e Celedonio Osorio Lafuente o semanario La Nacionalidad de carácter católico e carlista. Foi chantre en Valladolid e posteriormente en Valencia, onde fundou a revista Soluciones Católicas. Colaborou en El Siglo Futuro e La Ilustración Católica. Foi abreviador na Nunciatura de Madrid e académico correspondente da Real Academia da Historia (1884), da Academia San Tommaso de Bologna e da A. degli Arcadi de Roma.
Obras editar
- Tierra Santa. La cuestión de Oriente (1877).
- León XIII y la situación del Pontificado (1878).
- Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual (Barcelona 1881).
- Historia apologética de los papas desde San Pedro a León XII (10 vols.; Valladolid 1886).
- Nerón. Escenas del primer siglo del cristianismo (novela histórica; Madrid 1895).
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ferro Ruibal, Xesús (2006). "A primeira tradución do Magnificat ó galego". Cadernos de Lingua (28): 5–24. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- Biografía