António Egas Moniz

médico psiquiatra e neurocirurxián, político e escritor portugués

António Caetano de Abreu Freire Egas Moniz, nado o 29 de novembro de 1874 na freguesía de Avanca, concello de Estarreja, distrito de Aveiro e finado o 13 de decembro de 1955 na freguesía de São Sebastião da Pedreira, Lisboa,[1] foi un médico psiquiatra e neurocirurxián, ademais de investigador, profesor, político e escritor portugués.

António Egas Moniz
Nome completoAntónio Caetano de Abreu Freire Egas Moniz
Nacemento29 de novembro de 1874
Lugar de nacementoAvanca, Estarreja, distrito de Aveiro, Reino de Portugal
Falecemento13 de decembro de 1955
Lugar de falecementoSão Sebastião da Pedreira, Lisboa, Portugal
Nacionalidadeportuguesa
Alma máterUniversidade de Coímbra
Ocupaciónpsiquiatra, neurólogo
PaiFernando de Pina Resende de Abreu Freire
NaiMaria do Rosário Oliveira de Almeida e Sousa
CónxuxeElvira de Macedo Dias
Coñecido porInventar a lobotomía prefrontal e a anxiografía cerebral
EstudosDoutor en Ciencias
OrganizaciónUniversidade de Coímbra (1902)
Universidade de Lisboa (1921-1944)
CargosEmbaixador
Ministro de Relacións Exteriores
PremiosMembro da Académie Nationale de Médecine (Francia)
Premio Nobel de Medicina (1949)
Na rede
WikiTree: Egas_Moniz-1 Find a Grave: 223959847 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Responsábel do desenvolvemento da anxiografía cerebral en 1927, un descubrimento que revolucionou a medicina e a neurocirurxía, permitindo o diagnóstico de tumores cerebrais e o diagnóstico e tratamento do aneurisma cerebral e a malformación arteriovenosa. Foi proposto tres veces para o Premio Nobel por este descubrimento (1928, 1929, 1930). Inventor do procedemento neurocirúrxico denominado lobotomía prefrontal, que permitiu a aparición da psicocirurxía; por este último descubrimento foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1949, compartido co fisiólogo suízo Walter Rudolf Hess.

Foi embaixador, e ministro de Asuntos Estranxeiros de Portugal.

José Saramago, Carlos Filipe Ximenes Belo, José Ramos-Horta e António Egas Moniz son os únicos lusófonos que teñen premios Nobel.

Traxectoria editar

Naceu co nome de António Caetano de Abreu Freire no seo dunha familia aristocrática rural. Seu pai foi Fernando de Pina Resende de Abreu Freire, e a súa nai María do Rosário Oliveira de Almeida e Sousa. Seu tío e padriño, o sacerdote Caetano de Pina Resende Abreu Sá Freire, insistiría para que ao apelido se lle agregase Egas Moniz, en virtude de que a familia descendía en liña directa de Egas Moniz (1080-1146), o aio do rei Afonso I de Portugal (1109-1185).

O ductor António Egas Moniz, o inventor da lobotomía prefontal e da anxiografía, foi o primeiro presidente da Sociedade Española de Neurocirurxía, a segunda do mundo despois da estadounidense. Foi substituído no cargo polo doutor Juan José Barcia Goyanes.

Durante a súa prolífica carreira, Egas Moniz foi o responsábel de importantes avances na Medicina, como a invención da arteriografía e da anxiografía cerebral.

A partir do ano 1935 Egas Moniz enfocou os seus estudos no desenvolvemento de terapias contra enfermidades mentais como a esquizofrenia. Os seus estudos posibilitaron a invención da lobotomía prefrontal, dando así comezo á rama da psicocirurxía.

En 1938 (cando tiña 63 anos de idade) un paciente psiquiátrico ao que atendía disparoulle oito tiros, deixándoo paralítico o resto da súa vida. O paciente aduciu vagamente que o doutor non lle estaba dando os medicamentos adecuados para a súa enfermidade.

Premio Nobel editar

Aínda que nos anos 1930 se vía como candidato ao Premio Nobel pola súa invención da anxiografía, non foi até 1949 cando Egas Moniz recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (foi o primeiro portugués en ganar un Nobel) xunto co neurólogo suízo Walter Rudolf Hess por outra achega: "polo descubrimento do valor terapéutico da lobotomía en determinadas psicoses".[2]

O Banco de Portugal conmemorou esta efeméride dedicándolle a emisión do billete de 10 000 escudos o 12 de xaneiro de 1989.

Vida persoal editar

En 1902 casou con Elvira de Macedo Dias.

 
Egas Moniz nun billete de 10 000 escudos


Predecesor:
Paul Hermann Müller
 
Premio Nobel de Medicina

1949
Sucesor:
Edward Calvin Kendall
Tadeus Reichstein
Philip Showalter Hench

Notas editar

  1. Presbytero Francisco Paes de Rezende Pereira e Mello (7 de decembro de 1874). "Assento de Baptismo de Antonio Caetano". Arquivo Distrital de Aveiro. Consultado o 18 de novenbro de 2021. Resumo divulgativo. Aos sete dias do mez de Dezembro do anno de mil oitocentos, setenta e quatro n'esta freguezia de Santa Marinha d'Avanca, concelho d'Estarreja, Diocese do Porto. Eu o Presbytero Francisco Paes de Rezende Pereira e Mello, Abbade da mesma freguezia baptisei solemnemente e puz os Santos Oleos a um individuo do sexo masculino a que dei o nome de Antonio Caetano... que nasceu na freguezia de Sancta Marinha d'Avanca... do dia vinte e nove do mez de Novembro do anno de mil oitocentos e setenta... filho legitimo de Fernando de Pina de Rezende de Abreu e de D. Maria do Rosário d'Oliveira Souza Abreu.... Foi padrinho O Abbade de Pardilhó Tio paterno e madrinha D. Brites Ignacia de Pina Botelho Avó paterna.... Faleceu na freguesia de São Sebastião da Pedreira, da cidade de Lisboa, no dia treze do mês corrente. Registo de obito numero mil quinhentos e vinte e nove, do livro cento e vinte e um, da Terceira Conservatoria do Registo Civil de Lisboa. Estarreja, 17 de Dezembro de 1955. 
  2. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1949". NobelPrize.org. Consultado o 18 de novembro de 2006. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • CerebroMente.org.br (Historia da psicocirurxía, de Renato M. E. Sabbatini).
  • Content. NEJM.org ("Last-Ditch Medical Therapy — Revisiting Lobotomy", do Dr. Barron H. Lerner, na revista New England Journal of Medicine, 14 de xullo de 2005.
  • IMDb.com (O filme Monos como Becky, en Internet Movie DataBase).
  • NobelPrize.org (Premio Nobel 1949 en Medicina).
  • Psychosurgery.org (blog).
  • VidasLusofonas.pt (biografía de Egas-Moniz, con 5 fotos).
  • Wikimapia.org (Sitio da casa natal do Dr. Egas-Moniz, actual museo, a 12 km do océano).