Psiquiatría

(Redirección desde «Psiquiatra»)

A psiquiatría é unha especialidade médica que investiga e trata os trastornos mentais. Ademais dos aspectos médicos considera tamén os factores biolóxicos e psicolóxicos e tamén os socio-culturais e antropolóxicos. O tratamento destes trastornos adopta con frecuencia a indicación de psicofármacos, mais tamén a indicación de psicoterapia de variadas formas. Os trastornos psiquiátricos descríbense polas súa características patolóxicas.

Hospital psiquiátrico do Rebullón (Mos).

O estudo obxectivo e rigoroso dos problemas mentais é relativamente novo, inda no século XIX os enfermos mentais quedaban recluídos en asilos onde recibían tratamentos morais coa fin de diminuír a súa confusión mental e restituír a razón. No século XIX xurdiu pola primeira vez o concepto de enfermidade mental. En 1896 Emil Kraepelin deseñou un sistema de identificación e clasificación dos problemas mentais que se convertería na base dos estudos psiquiátricos modernos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.