En radioloxía denomínase anxiografía a un exame de diagnóstico por imaxe médica cuxa función é o estudo dos vasos sanguíneos que non son visíbeis mediante a radioloxía convencional.

Anxiograma cerebral que mostra unha proxección transversal da circulación cerebral vertebrobasilar e posterior

Podemos distinguir entre arteriografía cando o obxecto de estudo son as arterias, e flebografía cando se refire ás veas. Tamén poden estudarse os vasos linfáticos, en cuxo caso falaremos de linfografía.

Etimoloxía editar

O seu nome procede das plabras do grego antigo ἀγειον angeion, "vaso", "vaso ou cavidade do corpo humano", e γράφω grápho, "debuxar", "describir".

Historia editar

O neurólogo portugués António Egas Moniz, gañador do premio Nobel de Medicina en 1949, desenvolveu en 1927 a anxiografía por contraste radioopaco para diagnosticar distintos trastornos cerebrais, desde tumores até malformacións vasculares. Considérase un dos pioneiros neste campo. O seguinte gran paso deuse grazas á técnica de Seldinger en 1953, que permitía acceder aos vasos sanguíneos de forma moito máis segura.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.