Diagnóstico médico

(Redirección desde «Diagnóstico»)

En medicina, o diagnóstico[1] ou propedéutica clínica é o procedemento polo cal se identifica unha doenza, entidade nosolóxica, síndrome, ou calquera estado de saúde a través da observación de diversos sinais diagnósticos.[2] O coñecemento obtense mediante a historia clínica, a observación clínica e o estudo analítico.[3] A observación clínica pode ser ocular, por palpitación, por percusión e por auscultación; mentres que os estudos analíticos poden ser biolóxicos, anatómico-patolóxicos, radiolóxicos ou isotópicos, entre outros.[3]

A dama anémica (De bleekzuchtige dáme) de Samuel van Hoogstraten, pintado entre 1660 e 1670.

Proceso diagnóstico editar

O diagnóstico clínico require ter en conta os dous aspectos da lóxica, é dicir, a análise e a síntese, utilizando diversas ferramentas como a anamnese, a historia clínica, exploración física e exploracións complementarias.

O diagnóstico médico estabelece a partir de síntomas, signos e os achados de exploracións complementarias, que enfermidade padece unha persoa. Xeralmente, unha enfermidade non está relacionada dunha forma biunívoca cun síntoma, é dicir, un síntoma non é exclusivo dunha enfermidade. Cada síntoma ou achado nunha exploración presenta unha probabilidade de aparición en cada enfermidade.

O teorema de Bayes axuda ó diagnóstico dunha enfermidade a partir dos síntomas e outros achados que presenta o paciente se as doenzas son mutuamente excluíntes, coñécese as súas prevalencias e a frecuencia de aparición de cada síntoma en cada doenza. Segundo a prevalencia de cada enfermidade en cada poboación, un mesmo conxunto de síntomas ou síndrome pode producir un diagnóstico diferente en cada poboación, é dicir, cada síndrome pode estar producido por unha doenza diferente en cada poboación.

Ferramentas diagnósticas editar

 
"Consulta (un neno con problemas)" Konsultation (Ein Sorgenkind) de Hugo von Habermann (1886).
  • Síntomas: Son as experiencias subxectivas negativas físicas que refire o paciente, recollidas polo médico na anamnese durante a entrevista clínica, cunha linguaxe médica, é dicir comprensible para todos os médicos. Por exemplo, os pacientes á sensación de falta de aire ou percepción incómoda e desagradable na respiración (dispnea), chámano afogo, angustia, fatiga, cansazo fácil...
  • Signos: Son os achados obxectivos que detecta o médico observando ó paciente, por exemplo a taquipnea a máis de 30 respiracións por minuto. A semiótica médica ou semioloxía clínica é a parte da medicina que trata dos signos das enfermidades dende o punto de vista do diagnóstico e do prognóstico.
  • Exploración física ou semiotécnica: Consiste en diversas manobras que realiza o médico sobre o paciente, sendo as principais a inspección, palpación, percusión, cheirar e auscultación, coas que se obteñen signos clínicos máis específicos.

Todos os síntomas referidos na anamnese e os signos obxetivados na exploración física son anotados na historia clínica do paciente.

Xeralmente, os signos e síntomas definen unha síndrome que pode estar ocasionado por varias doenzas. O médico debe formular unha hipótese sobre as enfermidades que poden estar a ocasionar a síndrome e para comprobar a certeza da hipótese solicita exploracións complementarias.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para diagnóstico.
  2. "Diagnosis | medicine" (en inglés). Consultado o 2021-07-02. 
  3. 3,0 3,1 "Diagnóstico médico". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar