Abrir o menú principal

Ana Belén Vázquez

política española
(Redirixido desde "Ana Belén Vázquez Blanco")

Ana Belén Vázquez Blanco, nada o 27 de xaneiro de 1975 en Bande, é unha política galega do PPdeG.

Ana Belén Vázquez
(Ana Belén Vázquez Blanco) Constitución comisión modelo policial1.jpg
Nacemento27 de xaneiro de 1975
 Bande
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Vigo e saltou rapidamente á política pois foi elixida concelleira de Bande polo PPdeG nas eleccións municipais de 1995, revalidando a súa acta nas eleccións de 1999 e 2003. Ocupou o cargo de concelleira de Cultura e Deporte e posteriormente de segunda tenente de alcalde. Nas eleccións xerais do ano 2000 xa foi escollida deputada por Ourense. Revalidou o seu cargo nas eleccións de 2004, nas de 2008 e nas de 2011.

O 21 de novembro de 2006 foi elixida alcaldesa logo do falecemento do anterior alcalde, Amador de Celis[1], pero non se presentou ás eleccións municipais de 2007, onde quen encabezou a lista foi o seu home, José Antonio Armada.


Predecesor:
Amador de Celis
  
Alcaldesa de Bande
 
2006 - 2007
Sucesor:
José Antonio Armada

NotasEditar

Véxase taménEditar