Ana Belén Vázquez

política española

Ana Belén Vázquez Blanco, nada en Bande o 27 de xaneiro de 1975, é unha política galega do PPdeG.

Ana Belén Vázquez
Nacemento27 de xaneiro de 1975
Lugar de nacementoBande
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítica
Na rede
Facebook: anabelen.vazquezblanco.1 Twitter: anadebande Instagram: anadebande Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Política local editar

Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Saltou rapidamente á política pois foi elixida concelleira de Bande polo PPdeG nas eleccións municipais de 1995, revalidando a súa acta nas eleccións de 1999 e 2003. Ocupou o cargo de concelleira de Cultura e Deporte e posteriormente de segunda tenente de alcalde. O 21 de novembro de 2006 foi elixida alcaldesa logo do falecemento do ata entón alcalde, Amador de Celis.[1] Non se presentou ás eleccións municipais de 2007, encabezando a lista do PPdeG o seu entón marido José Antonio Armada.

Política nacional editar

Nas eleccións xerais do ano 2000 foi escollida deputada no Congreso por Ourense. Revalidou o seu cargo nas eleccións de 2004. Nas eleccións de 2008 perdeu a súa acta de deputada, porén en abril de 2009 regresou ao Congreso trala dimisión de Jesús Vázquez Abad. Nas xerais de 2011 volveu ser elixida deputada. Nas eleccións de 2015 non revalidou a súa acta, mais nas xerais de 2016 recuperouna.

En xullo de 2018 pasou a formar parte da executiva nacional do Partido Popular de Pablo Casado, sendo a responsable da área de Emigración.[2] Nas eleccións xerais de abril de 2019 foi cabeza de lista do PP por Ourense e volveu ser elixida deputada, ó igual que nas xerais de novembro dese ano. Volveu ser cabeza de lista e deputada tralas elección xerais de 2023.

 
Papeleta das Xerais de abril de 2019.


Predecesor:
Amador de Celis
  
Alcaldesa de Bande
 
2006 - 2007
Sucesor:
José Antonio Armada

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar