Amanita
xénero Amanita | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
'Amanita muscaria' (L.:Fr.) Lam. | |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
As amanitas[1] (Amanita) é un xénero de fungos basidiomicetos da orde Agaricales.[2] Contén arredor de 600 especies de fungos, e inclúe tanto algunhas das especies máis apreciadas como comestíbeis como varias das máis tóxicas do mundo (na súa maioría son tóxicas). A especie tipo do xénero é o rebentabois (Amanita muscaria),[3] mentres que a considerada máis perigosa é a cacaforra da morte (Amanita phalloides). O 95% dos envelenamentos por consumo de fungos está provocado por especies que conteñen amatoxinas (que son propias, mais non exclusivas, deste xénero), cunha probabilidade de morte de entre o 10% e o 60%. O tóxico máis potente presente neste xénero, que tamén pode atoparse noutros cogomelos velenosos, é a amanitina.[4]. As amanitas tóxicas adoitan denominarse en galego coma cacaforras.
Tamén contén o xénero moitos cogomelos comestíbeis e moi apreciados na gastronomía. Nunha ampla variedade de culturas, os cogomelos das diferentes especies comestíbeis de Amanita son apañados e procesados ou comercializados para o consumo. Son moi apreciadas especies como A. zambiana e outras especies carnosas en África Central, A. basii e outras semellantes en México, a amanita dos Césares ou raíña (A. caesarea) en Europa e A. chepangiana no sueste Sueste Asiático. Outras especies úsanse para darlles cor a ensaladas, como a vermella A. jacksonii, que se consome na costa leste de América do Norte, dende o Canadá deica México.
Moitas especies son de comestibilidade descoñecida, especialmente en países como Australia, onde os cogomelos son moi pouco coñecidos. En Galiza tampouco é moi común polo de agora o consumo de cogomelos, agás os comercializados nos mercados, porén é xa unha das zonas da península de maior consumo.
Amanitas comúns en Galiza
editar- Amanita caesarea, Amanita dos Césares, raíña[5];
- Amanita citrina, francesiña[6];
- Amanita gemmata, Cacaforra dourada, algúns autores considérano comestíbel, outros non;
- Amanita muscaria, Rebentabois, bricabois ou amanita pinta;
- Amanita ovoidea, Amanita branca[6];
- Amanita pantherina, Cacaforra cincenta;
- Amanita phalloides, Cacaforra da morte[5], amanita faloides, (mortal);
- Amanita rubescens, Cacaforra viñosa, amanita do viño[5];
- Amanita spissa, Amenita cincenta[6];
- Amanita vaginata, Amanita cincenta estriada[6].
- Amanita verna, Cacaforra tola (mortal);
- Amanita virosa, Cacaforra fedorenta (mortal).
As cacaforras na cultura popular galega
editar- Cacaforra comida, nin herba nin manciña.
- Unha cacaforra no cesto fai perder o resto.
- Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a hora[7].
Notas
editar- ↑ Nome vulgar do xénero en: Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999: Xénero de fungos basidiomicetos da familia agaricáceas, con anel e volva no pedicelo, e sombreiro globuloso ou aberto. Fronte a algunhas comestibles, comprende especies moi velenosas e mesmo mortais
- ↑ "Amanita". Catalogue of Life (2010 Annual Checklist) (en inglés). ITIS. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ Tuloss, R.E; Zhu-liang Yang. "Studies in the Genus Amanita Pers. (Agaricales, Fungi)" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2010.
- ↑ Chang, A. K (9 de novembro de 2009). Medscape, ed. "Toxicity, Mushroom - Amatoxin" (en inglés). Department of Emergency Medicine, Albert Einstein College of Medicine, Montefiore Medical Center.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Deputación de Lugo
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ na Web de Galicia Encantada - http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=767&n=[ditos_e_refr%E1ns_dos_cogomelos]_cacaforra_comida,_nin_herba_nin_manci%F1a
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Amanita |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amanita |
Outros artigos
editar- Lista de especies de Amanita
- Intoxicación por cogomelos velenosos
- Os cogomelos na cultura popular galega
Ligazóns externas
editar- "Genus Amanita" de Michael Kuo en MushroomExpert.Com.