Cacaforra viñosa
Cacaforra viñosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Amanita rubescens (Pers. ex Fr.) Gray |
A Cacaforra viñosa ou amanita do viño[1] de nome científico Amanita rubescens, é un fungo basidiomiceto da familia das amanitas caracterizado por posuír un chapeu globoso, cando é novo, que evoluciona a plano, de cor avermellada, coa tonalidade do viño: na madurez, posúe numerosos restos do veo da volva, de cor branca rosácea. A cutícula é separable con facilidade. A marxe, incurvada a plana, non é estriada, e é delgada. As láminas, numerosas, libres, son de cor branca, así como as súas esporas. O pé é cilíndrico, de cor esbrancuxada a rosada; na súa base posúe unha volva da mesma cor ou lixeiramente máis saturada.[2] Crece en piñeirais e en uceirais.
En Galiza abrolla de setembro a decembro, sendo a época de apoxeo todo outubro e a primeira metade de novembro[3].
De interese en gastronomía, debe consumirse sempre cociñada, nunca crúa; isto débese á presenza de hemolisinas que desaparecen ao quentarse até os 65 °C.[2] Ditas hemolisinas actúan eliminando os eritrocitos do sangue. No entanto, o seu interese culinario está discutido, posto que, aínda destruídas as hemolisinas tras un shock térmico, aínda son indixestas.[2] Debe coidarse a súa identificación porque se presta a confusión con Amanita pantherina, esta última moi tóxica.
Notas
editar- ↑ VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Deputación de Lugo
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Asociación micolóxica El Royo (en castelán)
- ↑ Na web da Agrupación Micolóxica de Galiza - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cacaforra viñosa |