Amando Guiance Pampín

político galego

Amando Faustino Guiance Pampín, nado en Pontevedra o 13 de xuño de 1892 e finado na mesma cidade en 1979, foi un político socialista galego.

Modelo:BiografíaAmando Guiance Pampín
Nome orixinal(gl) Amando Faustino Guiance Pampín Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1892 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1979 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 13927

Traxectoria

editar

Traballou como obreiro ebanista. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Ramiro Paz Carbajal, Francisco Otero Juncal e Valeriano Barros.[1] Na República afiliouse a Agrupación Socialista de Pontevedra o 23 de maio de 1931, da que foi elixido vicepresidente en xaneiro de 1932 e vicepresidente da Federación Provincial Socialista en novembro dese ano. Foi candidato do PSOE na provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1933 pero non foi elixido. Membro do sector da esquerda do PSOE, foi membro do Comité Revolucionario de Pontevedra na revolución de outubro de 1934. Foi elixido deputado polo PSOE na provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1936, dentro das listas da Fronte Popular.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi capturado polas tropas franquistas, xulgado en consello de guerra e condenado a morte o 13 de agosto de 1936, no mesmo proceso polo que foi condenado a morte Alexandre Bóveda. Foille conmutada a pena pola de trinta anos de cadea. Preso no campo de concentración da illa de San Simón, exerceu como practicante. Pasou despois á prisión de Alcalá de Henares e ao cárcere da Parda. Saíu en liberdade en maio de 1943. Estableceu un pequeno comercio de paquetería na rúa Echegaray.

Vida persoal

editar

Casou con Ángeles Dapena Mouriño en 1927.[2]

  1. Galicia, 16-3-1924, p. 1.
  2. El Progreso, 11-10-1927, p. 2.