Cárcere da Parda

antiga prisión en Pontevedra

O cárcere da Parda foi un centro penitenciario provincial que existiu en Pontevedra no século XX.

Cárcere da Parda
Cárcere da Parda en 1991
Coordenadas42°25′30″N 8°37′59″O / 42.425056593949, -8.6331569454794
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A súa construción aprobouse en 1934[1], por mediación do deputado Isidoro Millán Mariño[2]. Ata entón funcionaba como cárcere o edificio situado na estrada de Marín (actual rúa Rosalía de Castro) proxectado en 1850 polo arquitecto municipal José García Limeses, en cuxos terreos se construíu un século despois o Pazo de Xustiza sede da Audiencia Provincial, inaugurado en 1956. O antigo cárcere histórico da cidade reconstruído en 1753 que se situaba ao final da ponte do Burgo[3] fora demolido en 1865.[4]

Ao longo da súa historia houbo diversos motíns, como o que sucedeu en 1978 sendo director do centro Rodolfo Rey García[5] ou o que tivo lugar en 1990[6]. O cárcere pechou de forma temporal en 1991 para a realización de obras[7], e os internos foron traslados aos penais de Vigo e Monterroso entre outros, mais finalmente procedeuse ao seu peche e á construción do centro penitenciario da Lama. A demolición do cárcere da Parda fíxose en 1995 e só quedaba o predio a principios de 1996 cando se ía empezar a construír o primeiro edificio dos xulgados da cidade da Xustiza de Pontevedra.[8]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Caeiro González, Eugenio (1993). Galicia pueblo a pueblo (en castelán). A Coruña: La Voz de Galicia. p. 1116. ISBN 978-8488254245. 

Outros artigos

editar