Francisco Otero Juncal

sindicalista e político galego

Francisco Otero Juncal, nado cara a 1891 e finado en Pontevedra en maio de 1981, foi un sindicalista, político, carpinteiro e ebanista galego.

Infotaula de personaFrancisco Otero Juncal
Biografía
Nacementoc. 1891 Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 1981 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1917 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vicepresidente da Sociedade de Ebanistas de Pontevedra. Presentouse ás eleccións municipais de 1917 e 1920, pero non foi elixido; volveu presentarse en febreiro de 1922 e foi elixido concelleiro. Dirixiu o periódico Nueva Aurora. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro corporativo de Pontevedra en abril de 1924 pero rexeitou o cargo. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Ramiro Paz Carbajal, Amando Guiance Pampín e Valeriano Barros.[1] Pertenceu ao Centro Republicano de Pontevedra do que chegou a formar parte da directiva como vocal 2º, militou no Partido Radical Socialista e despois integrouse en Unión Republicana. Foi mestre de taller de ebanistería e carpintería da Escola de Traballo de Pontevedra (1934-1936). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do seu posto e condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en agosto de 1940 a cinco anos de inhabilitación e 100 pesetas de multa.[2] Finou en Pontevedra aos 90 anos.[3]

Notas editar

  1. Galicia, 16-3-1924, p. 1.
  2. BOE, 6-10-1940, p. 4665.
  3. La Voz de Galicia, 19-5-1981, p. 23.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar