Nueva Aurora

periódico de Pontevedra (1913-1923)

Nueva Aurora foi un periódico aparecido en Pontevedra entre 1919 e 1923.

Nueva Aurora

Editar o valor en Wikidata
Fundación1919
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 2712
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Quincenario Obrero-Socialista, a partir do número 12 pasou a chamarse Semanario Obrero-Socialista e desde o número 27 foi Semanario Socialista. Apareceu a finais de xullo de 1919. Xurdiu da fusión entre Aurora Roja e Acción Obrera. Foron os seus directores Ramiro Paz Carbajal (até outubro de 1920), Francisco Tilve Rodríguez e Francisco Otero Juncal. Tivo unha primeira época de tendencia socialista ata que en 1921 se converteu nunha das publicacións do Partido Comunista. No primeiro período incluíu información e documentos sobre o PSOE e UGT, artigos teóricos, poesía social e manifestou preocupación pola política municipal. O seu obxectivo era gañar aceptación entre a clase obreira e fortalecer a presenza do Partido Socialista na sociedade. Entre os seus colaboradores estaba Urbano Rodríguez Moledo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar