Amadeu II de Savoia-Aosta

príncipe de Italia,III duque de Aosta
(Redirección desde «Amadeo II de Savoia-Aosta»)

Amadeu Humberto de Savoia-Aosta, nado en Turín o 21 de outubro de 1898 e finado en Nairobi (Kenya) o 3 de marzo de 1942, foi un nobre italiano, o terceiro duque de Aosta.

Amadeu II de Savoia-Aosta
III Duque de Aosta
Amadeu de Savoia, duque de Aosta.

Nome completoAmadeu Humberto Isabelo Luís Filipe María Xosé Xoán de Savoia
Outros títulos
  • Nacemento21 de outubro de 1898
    Turín, Italia Italia
    Falecemento3 de marzo de 1942
    (43 anos)
    Nairobi, Quenia Kenya
    ConsorteAna Helena de Orleáns
    Descendencia
    • Margarita Isabel de Savoia-Aosta
    • María Cristina de Savoia-Aosta
  • Casa realCasa de Savoia
    ProxenitoresManuel Filiberto de Savoia-Aosta
    Helena de Orleáns

    Na rede
    WikiTree: Savoia-59

    Traxectoria editar

    Era fillo de Manuel Filiberto de Savoia-Aosta, segundo duque de Aosta e da princesa Helena de Orleáns. Converteuse en Duque de Aosta á morte do seu pai en 1931. Era por tanto neto de Amadeu I, quen fora rei de España a finais do século XIX.

    Durante a primeira guerra mundial alístase como voluntario no Exército italiano, coa gradación de cabo, tras recibir autorización do seu tío o rei, aínda que só contaba con apenas dezaseis anos.[1] Durante a guerra logrou ascensos por méritos de guerra, alcanzando o grao de capitán. Entre 1925 e 1931 estivo destacado nas colonias italianas, participando en accións militares en Libia, até o punto de que acuñóuselle o sobrenome de Príncipe do Sahara.[2]

    A comezos da década de 1930 permaneceu preso en Castelo do Miramare, en Trieste. Foi vicerrei de Etiopía desde 1937 a 1941. Ao estalar a segunda guerra mundial, asumiu o mando das tropas do Regio Esercito italiano destacadas en Etiopía e as colonias italianas de Eritrea e a Somalia italiana.

    Cando en xaneiro de 1941 o Exército Británico iniciou a Campaña do Leste de África, con apoio de tropas da Francia Libre, a situación das tropas ao mando do duque de Aosta comezou a empeorar progresivamente. O 15 de xaneiro de 1941 o emperador de Etiopía, Haile Selassie regresou ao país, co que ademais estalou unha sublevación no territorio, que en poucos días tomou o control da maior parte do país.

    O 18 de febreiro de 1941, o duque de Aosta enviou a seguinte telegrama a Benito Mussolini:

    Non obstante, a pesar destas palabras, o control italiano derrubouse con rapidez, co que en abril as tropas italianas foron expulsadas de Adís Abeba, e o 19 de maio o duque de Aosta, xunto co seu exército, rendeuse ante os británicos, que fixeron prisioneiros a 18.000 homes, entre eles o duque e outro cinco xerais italianos.

    Morreu nun campo de prisioneiros inglés en 1942 en Nairobi, por mor de complicacións sobrevidas pola malaria e a tuberculose que contraeu. Sucedeulle o seu irmán Aimone, que aceptara exercer como rei monicreque do estado de Croacia, co nome de Tomislav II de Croacia.

    Matrimonio e fillos editar

    Contraeu matrimonio en Nápoles o 5 de novembro de 1927 coa súa prima irmá, a princesa Ana Helena de Orleáns.

    Do matrimonio naceron:

    Distincións honoríficas editar

    •   Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1919).
    •   Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1919).
    •   Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1919).
    •   Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.
    •   Oficial da Orde Militar de Savoia (Reino de Italia, 10/08/1928).[3]
    •   Cabaleiro da Orde Civil de Savoia (Reino de Italia).
    •   Medalla de Ouro ao Valor Militar (Reino de Italia, 1941).[4]
    •   Medalla de Prata ao Valor Militar (Reino de Italia).
    •   Cruz ao Mérito Militar (Reino de Italia, 1918).
    •   Medalla Conmemorativa da Vitoria (Reino de Italia, 1918).
    •   Medalla Conmemorativa da Unificación de Italia (Reino de Italia).
    •   Medalla Conmemorativa da Guerra 1915-1918 [Catro anos de campaña] (Reino de Italia).
    •   Medalla ao Mérito polo Prolongado Comando do Ejérito [Dez anos de servizo] (Reino de Italia).
    •   Medalla ao Mérito pola Prolongada Navegación Aérea [Dez anos de servizo] (Reino de Italia).
    •   Medalla Conmemorativa das Operacións Militares en África Oriental (Reino de Italia, 1936).
    •   Medalla de Benemerencia polo Voluntariado na Campaña da África Oriental Italiana (Reino de Italia, 1939).
    •   Medalla de Benemerencia polos Combatentes Voluntarios (Reino de Italia).
    •   Medalla de Ouro polo Beneficio da Saúde Pública (Reino de Italia, 15/11/1884).[5]

    Devanceiros editar

    Notas editar

    1. Datos biográficos (Editorial Bitácora)
    2. "Ficha bibliográfica en ARTEHISTORIA". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2015. 
    3. Sitio web do Quirinal
    4. Sitio web do Quirinal
    5. Gazzetta Ufficiale del Regno d'Italia n. 293 del 26 novembre 1884

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Manuel Filiberto
    Duque de Aosta
    1931 - 1942
     
    Sucesor:
    Aimón