Somalia italiana

A Somalia italiana (en italiano, Somalia italiana; en somalí, Dhulka Talyaaniga ee Soomaaliya; en árabe, الصومال الإيطالي‎ Al-Sumal Al-Italiy), situada na parte sur do corno de África, foi, de 1889 a 1908, un protectorado italiano.

Somalia italiana (en italiano)
Dhulka Talyaaniga ee Soomaaliya
(en somalí)
الصومال الإيطالي‎ (en árabe)

Somalia italiana
18891960
Bandeira Escudo
Capital Mogadixo
Lingua italiano, somalí, árabe
Relixión Islam, catolicismo
Goberno Protectorado, e despois colonia de Italia
Período histórico Idade Contemporánea
 • Establecido 1889
 • Protectorado e Colonia de Italia 1889-1908
 • Incorpoación á África Oriental Italiana 1936-1941
 • Ocupación británica 1941-1945
 • Administración británica e italiana 1945-1950 e 1950-1960
Independencia 1960
Moeda lira italiana (1889-1909)
rupia somalí (1909-1925)
lira somalí (1925-38)

Despois, desde 1908 a 1936 o seu estatuto pasou a ser o de colonia.

En 1936 transformouse na provincia ou gobernación da Somalia (Governatorato della Somalia) no seo África Oriental Italiana, dentro do Imperio italiano.

Nesa época (entre 1936 e 1941) chegou a abarcar unha superficie de 702 000 km².

No curso da segunda guerra mundial, en 1941, foi ocupada polo Reino Unido, ocupación que durou até o final da guerra.

Desde 1945 até 1950 estivo baixo adinistración británica.

Desde 1950 até 1960 quedou baixo administración fiduciaria italiana por mandato da ONU.

A súa historia como estado soberano iniciouse a partir de 1960.

O seu territorio inicial forma parte da República Federal de Somalia, xunto coa antiga Somalia británica.

En verde, a Somalia italiana.
(En gris, a Somalia británica).
A África Oriental Italiana coas provincias e as súas capitais, desde o 7 de maio de 1936 (anexión de Abisinia) e agosto de 1940 (invasión italiana da Somalia británica). A provincia de Somalia, en verde, despois de incorporar as zonas etíopes de poboación somalí.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.