Altar dos doce deuses

O altar dos doce deuses era un altar e, se cadra, un santuario que estaba na ágora de Atenas dedicado aos doce deuses olímpicos adorados na antiga Grecia: Zeus, Hera, Poseidón, Deméter, Hestia, Apolo, Artemisa, Hefesto, Atenea, Ares, Afrodita e Hermes. Situado ao norte da ágora de Atenas, preto do templo de Ares, tamén era o punto cero desde o que se calculaban as distancias dentro da cidade.

Altar dos doce deuses
Coordenadas37°58′33″N 23°43′22″L / 37.9758, 23.7228Coordenadas: 37°58′33″N 23°43′22″L / 37.9758, 23.7228
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A información exacta sobre o altar é escasa, xa que faltan fontes antigas. Non obstante, as escavacións de 1891 e 1934 (a escavación americana da ágora) apuntan ao sur do ferrocarril Atenas - Pireo (ISAP), onde se descubriu o ángulo suroeste do altar baixo os estratos romanos e romanos de oriente[1].

O altar orixinal construírono nos anos -522 e -521 por orde de Pisistrato (fillo de Hipias e neto do tirano Pisistrato). Tucídides fala deste personaxe, e di que era da familia dos Pisistrátidas e que como arconte da cidade lle dedicou un altar aos doce deuses[2]. A inscrición que o conmemoraba foi borrada polos atenienses nunha data posterior. O altar foi reconstruído arredor do ano -425 despois dos estragos que se produciron durante a invasión persa dos anos -480 e -479.

Este altar era un dos poucos monumentos que se permitiron no interior da Ágora, e servía para indicar o centro da cidade. Heródoto di que a distancia desde Heliópolis, no antigo Exipto ata o mar é semellante á distancia do altar dos doce deuses ata o templo de Zeus Olímpico en Pisa (Elis)[3].

Era famoso na antigüidade como lugar de asilo e refuxio para os suplicantes. No -519, uns embaixadores da cidade de Platea pediron axuda a Atenas contra Tebas desde este altar[4]. E no -431, como resultado das acusacións de malversación de diñeiro público que implicaban a Pericles e Fidias, algúns axudantes deste último sentáronse ante o altar como suplicantes[5]. Pouco antes da súa execución en Atenas (circa -355) o xeneral ateniense Calístrato de Afidnas refuxiouse no altar[6].

Sobre o altar hai unha dedicatoria que se pode datar entre os anos -490 e -470[1].

  1. 1,0 1,1 American School of Classical Studies at Athens (ed.). (PDF) https://www.ascsa.edu.gr/uploads/media/oa_ebooks/oa_hesperia_supplements/HS8.pdf.  Falta o |title= (Axuda)
  2. Tucídides. Historia da guerra do Peloponeso, VI, 54, 6-7
  3. Heródoto. Historias, II, 7,1
  4. Heródoto. Historias, VI, 108,4
  5. Diodoro de Sicilia. Biblioteca histórica, XII, 39,1
  6. Licurgo. Contra Leócrates, I, 93

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar