Abrir o menú principal

Trigo mouro

planta forraxeira da familia polygonaceae
(Redirixido desde "Alforfón")
Trigo mouro
Trigo mouro (Fagopyrum esculentum) en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Trigo mouro (Fagopyrum esculentum) en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Polygonaceae
Subfamilia: Polygonoideae
Tribo: Persicarieae
Xénero: Fagopyrum
Especie: Fagopyrum esculentum
Distribución natural

Distribución natural

O trigo mouro[1], trigo negro[2] ou trigo sarraceno (Fagopyrum esculentum) é unha planta anual herbácea da familia das Polygonaceas cultivada polos seus grans para o consumo humano e animal. Considérase popularmente un cereal, aínda que realmente non o sexa; xa que, malia posuír características semellantes, non pertence á familia das gramíneas senón ás poligonáceas. É orixinario da Asia Central. Aínda que se cultivou tamén tradicionalmente en moitos países, hoxe en día os principais países produtores son tamén os maiores consumidores. China produce o 55% do total mundial, seguido por Rusia (20%), Ucraína (15%) e Polonia (3%).

Inflorescencias, detalle.
Leira de trigo negro en Corea.
Ilustración
Detalle da flor

Índice

DescriciónEditar

Planta herbácea anual de talo ergueito articulado e oco, de 20 a 70 cm de alto, con follas saxitadas máis ben brandas. As follas superiores son abrazadoras ou sésiles mentres que as inferiores teñen un pecíolo bastante longo. As flores son de cor branca ou rosa, pequenas e agrupadas en inflorescencias terminais. Cada flor posúe oito estames e tres pistilos. Os froitos son aquenios de tres arestas, conteñen unha soa semente e madurecen de xeito gradual, o que dificulta a súa recolección.

DistribuciónEditar

Planta orixinaria do nordés de Asia (Siberia, Manchuria) que grazas á agricultura se fixo común en toda Europa no século XVI.

Antigamente era moi cultivada nas rexións de solos pobres e acedos, en Francia (principalmente na Bretaña), Europa central, Rusia e América do Norte. O seu cultivo tende a desaparecer na actualidade por mor das dificultades para mecanizar a súa colleita. En Cataluña é cultivo tradicional e actual na comarca xerundense da Garrotxa onde existe un microclima de verán chuvioso, e se cultivan as variedades de pota de gall (pata de galo) e arracada (brinco, pendente).

O trigo mouro na gastronomíaEditar

Trigo mouro
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1,435 kJ (343 kcal)
71.5 g
Fibra alimentaria10 g
3.4 g
Saturadas0.741 g
Monoinsaturadas1.04 g
Poliinsaturadas1.039 g
0.078 g
0.961 g
13.25 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
9%
0.101 mg
Riboflavina (B2)
35%
0.425 mg
Niacina (B3)
47%
7.02 mg
Ácido pantoteico (B5)
25%
1.233 mg
Vitamina B6
16%
0.21 mg
Ácido fólico (B9)
8%
30 μg
Vitamina C
0%
0 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
18 mg
Ferro
17%
2.2 mg
Magnesio
65%
231 mg
Manganeso
62%
1.3 mg
Fósforo
50%
347 mg
Potasio
10%
460 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
25%
2.4 mg
Outros constituíntesCantidade
Cobre1.1 mg
Selenio8.3 µg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

Para ser consumido, a casca exterior debe ser eliminada, un proceso que esixe equipamento propio de moenda, debido á súa forma pouco habitual.

Na cociña polonesa, rusa e xudaica, o trigo mouro úsase para facer unha papa, chamada kacha, ou kache. Na cociña ucraína o trigo mouro chámase hretchka e úsase moito no día a día e tamén para confeccionar un dos pratos do menú de Nadal: a kutia. Na cociña bretoa a fariña do trigo mouro ou sarraceno forma parte da masa das filloas. Na cociña xaponesa, o trigo mouro chámase sobá e consómese moito no día a día polos xaponeses como un prato de macarróns mergullados en caldo quente a base de shoyu, coma unha sopa, completada con varios ingredientes desde algas a tempura, ou con caldo á parte, normalmente xeado (consumido moito no verán).

Trigo mouro na saúdeEditar

Considérase enerxizante e nutritivo, presenta altas cantidades de farelo, dispoñíbel quer nas variedades completas que nas integrais, sendo as variedade integrais máis nutritivas. Xa que o trigo sarraceno non contén glute, é apto nas dietas celíacas. Presenta máis proteínas que o arroz, o trigo ou o millo, fonte de proteínas e de ferro.[3]

É tamén fonte de manganeso, magnesio (mineral que axuda a baixar a presión dos vasos sanguíneos) e fibras dietéticas. Unha soa cunca de trigo mouro contén cerca de 86 miligramos de magnesio. Os seus efectos benéficos tamén están ligados á presenza de flavonoides, salientando a rutina (Vitamina P) e a quercetina. Estes preveñen doenzas, coa súa acción antioxidante. As súas proteínas son de alto valor biolóxico, pois conteñen todos os aminoácidos esenciais, incluíndo a lisina. Pescudas afirman que unha alimentación rica en grans integrais, como o trigo sarraceno, prevén doenzas cardiovasculares, incluíndo a aterosclerose, diabetes e obesidade, entre outras, por mor do seu teor de fibras e outros compostos, como graxas poliinsaturadas.[4]

Os Yi, un dos pobos da China, consomen cerca de 100g diarios de trigo mouro; unha investigación demostrou que os que na súa dieta alimentaria utilizaban trigo mouro, conseguiron diminuír os niveis do colesterol LDL e aumentar os do HDL.[5]

Outro estudo, efectuado en 35 972 persoas, no Reino Unido, mostrou que nas mulleres no período de premenopausa que incluían na súa dieta a inxesta de cereais integrais —como o trigo sarraceno— e froita, o risco de cancro de mama diminuía significativamente.[6]

TaxonomíaEditar

Fagopyrum esculentum foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis: a staminum situ describendi 290. 1794.[7]

Sinonimia
  • Fagopyrum cereale Raf.
  • Fagopyrum dryandrii Fenzl
  • Fagopyrum emarginatum (Roth) Meisn.
  • Fagopyrum emarginatum var. kunawarense Meisn.
  • Fagopyrum esculentum subsp. ancestralis Ohnishi
  • Fagopyrum fagopyrum (L.) H.Karst. nom. invalid.
  • Fagopyrum polygonum Macloskie nom. illeg.
  • Fagopyrum sagittatum Gilib. nom. inval.
  • Fagopyrum sarracenicum Dumort.
  • Fagopyrum vulgare T.Nees
  • Fagopyrum vulgare Hill ex Druce nom. inval.
  • Fagopyrum vulgare Delarbre nom. illeg.
  • Polygonum fagopyrum L.
  • Polygonum cereale Salisb. nom. illeg.
  • Polygonum emarginatum (Roth) [8][9]

Nome comúnEditar

  • Galego: alforfón, trigo negro[10], trigo mourisco[11], trigo mouro[12], trigo sarraceno[13] A palabra galega alforfón deriva do termo alforfa (Medicago sativa), unha planta forraxeira. Do galego pasou ao castelán, onde se denomina alforfón ao trigo mouro.

NotasEditar

  1. Nome vulgar preferido en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. Nome vulgar en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  3. Gazeta Russa. "Os milagres do trigo sarraceno". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 2012.09.25. 
  4. Estação dos Grãos. "Farinha de Trigo Sarraceno". Consultado o 2012.09.25. [Ligazón morta]
  5. I Legumes - Informações sobre Legumes. "Benefícios do Trigo Sarraceno". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 2012.09.25. 
  6. E Cade, Burley VJ, et al. International Journal of Epidemiology
  7. "Trigo mouro". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de marzo de 2014. 
  8. Sinónimos en Tela Botánica Arquivado 04 de setembro de 2014 en Wayback Machine.
  9. The Plant List
  10. Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  11. Nome vulgar dados pola RAG e por Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  12. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  13. Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  1. AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  2. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2003. Flora of China (Ulmaceae through Basellaceae). 5: 1–506. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  4. Flora of North America Editorial Committee, e. 2005. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 2. Fl. N. Amer. 5: i–xxii + 1–656.
  5. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externasEditar