Afonso Vázquez-Monxardín

historiador e profesor galego

Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, nado en Ourense o 12 de abril de 1960[1], é un arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.[2]

Infotaula de personaAfonso Vázquez-Monxardín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 792474

Traxectoria editar

Fillo de Xosé Lino Vázquez-Monxardín Blanco. É licenciado en Xeografía e Historia, nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Xeografía e Historia de Galicia e Arquivística e Biblioteconomía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi arqueólogo en escavacións en Galicia, Portugal e Italia, e en 1983 pasou á docencia de lingua e literatura galega.

É catedrático de ensino medio desde 1996. Foi profesor visitante da súa materia en centros galegos e universidades de América (Centro Galego, Centro Galicia e Universidade de Belgrano, en Buenos Aires; Universidade Federal da Bahía, no Brasil; e Lar Gallego de Chile). Foi o impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega e estivo durante trece anos no equipo directivo do IES As Lagoas de Ourense.

Foi colaborador de O Correo Galego, Galicia Hoxe e escribe dous artigos semanais en La Región.

En outubro de 2018 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega[3].

Obras editar

  • Xoaquin Lorenzo Fernández "Xocas". A fidelidade á Galicia soñada (2004)
  • Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía (coord.; 2004)
  • Danse lido (2014[4])
  • Ramón Otero Pedrayo, Unha fotobiografía (2014; xunto con Patricia Arias Chachero)[5]
  • Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo (2016; xunto con Patricia Arias Chachero)
  • Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa primeira comuñón, (2017; xunto con Patricia Arias Chachero)[6]
  • Carlos Casares -Marcos Valcárcel. Homenaxe a unha amizade (2017, coord).
  • Os cronistas oficiais de Ourense a través das actas municipais e a "Crónica do vivir xornaleiro" de don Ramón Otero Pedrayo (2018)[7]
  • Galicia, de Nós a nós (coord. e textos no catálogo da exposición homónima, xunto con Ana Acuña; 2020).
  • El cancionero del Miño. Leyendas y tradiciones de Orense, de V. Lamas Carbajal;  (Limiar, 2022).
  • As emisións en galego da BBC e Plácido Castro”; (2022)
  • Afonso X o sabio e Ourense, de Alfredo Cid Rumbao, (editor; 2022)

Traducións editar

Recoñecementos editar

  • Premio Ourense de Contos para a Mocidade, 1987.[8]
  • Premio Aurelio Carracedo de xornalismo da Deputación de Ourense, 2009.[9]
  • Premio de Xornalismo Literario "Carlos Casares", Concello de Xinzo, 2017

Notas editar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vázquez-Monxardín, Fernández, Alfonso". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 588. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso (Ourense) Auria.Xacobeo.es/gl
  3. "Afonso Vázquez-Monxardín, novo académico correspondente". Real Academia Galega. 27 de outubro de 2018. 
  4. "elcercano.com". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2014. 
  5. "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía 1888-1976, de Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez Monxardín", recensión de Ramón Nicolás no Caderno da Crítica, 12 de decembro de 2014.
  6. "Presentación de Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa Primeira Comuñón Arquivado 14 de xuño de 2018 en Wayback Machine.", na web do Liceo de Ourense, 17 de febreiro de 2018.
  7. "Vázquez-Monxardín: «Otero, Risco e Cuevillas foron os tres grandes cronistas de Ourense»", entrevista en La Región, 25 de abril de 2018.
  8. "Premio Ourense de Contos para a Mocidade". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2012. Consultado o 30 de agosto de 2012. 
  9. Deputación Provincial de Ourense (ed.). "ALFONSO MONXARDÍN E JUAN ANDRÉS HERVELLA, GANADORES DO PREMIO "CARRACEDO" DE XORNALISMO". dpou.depourense.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 28 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar