IES As Lagoas

instituto público de ensino secundario en Ourense

Coordenadas: 42°20′42″N 7°51′28″O / 42.344925, -7.8577694444444

O IES As Lagoas é un Instituto de Ensino Secundario situado na cidade de Ourense.

IES As Lagoas
Enderezo
r/ Eduardo Blanco Amor, 2, 32004 - Ourense
Datas
Creación1977
Educación
EnsinanzasESO e Bacharelato
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
Outros nomes
Instituto de Ourense
Na rede
edu.xunta.gal/centros/iesaslagoas

Orixe editar

O Instituto leva o nome do barrio no que está asentado. O actual IES As Lagoas naceu en 1977 como terceiro centro de bacharelato da cidade e primeiro mixto nos tempos modernos. O IES As Lagoas naceu nun espazo central e vinculado ao desenvolvemento da cidade neste barrio nos anos sesenta e setenta. Os primeiros anos de funcionamento foron complicados desde un punto de vista organizativo: alto número de alumnado, quendas nocturnas e diúrnas, conflitos laborais e estudantís... pero foise asentando ata se converter na actualidade nun dos centros punteiros do ensino público en Ourense.

No 2002/2003 festexouse o vinte e cinco aniversario cunha gran festa onde se deron cita moitos exalumnos e exprofesores e no 2017/2018 celebráronse os 40 anos do centro.

Localización editar

O instituto de As Lagoas atópase na Rúa Eduardo Blanco Amor, 2. 32004, en Ourense

Oferta educativa editar

O centro ofrece os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria, ademais de tres Bacharelatos diferentes: o de ciencias, o de humanidades e ciencias sociais e o de artes.

Espazos e instalacións editar

O edificio do Instituto, construído en 1977 e ampliado en dúas ocasións, conta cos seguintes espazos:

Xeral editar

  • Edificio, bloque principal (aulas, despachos, oficinas, laboratorios, biblioteca, salón de actos...): 7000 m².
  • Pavillón deportivo cuberto: 1167 m².
  • Pistas deportivas descubertas: 4000 m².
  • Patios de columnas cubertos 1250 m².
  • Zonas de xardín: 1000 m².
  • Aparcadoiro e beirarrúas interiores 1000 m².

Aulas editar

  • 32 aulas de ordinarias (asignadas a cada un dos grupos) máis 2 para alumnado de apoio, 7 para desdobramentos, 1 de garda ou espera para alumnos fóra de aulas e 1 de convivencia.
  • As seguintes aulas específicas asociadas a determinadas materias ou usos específicos:
    • 4 de informática (incluíndo a destinada a grupos pequenos, con cinco ordenadores).
    • 2 de música.
    • 2 de tecnoloxía.
    • 2 de debuxo.
    • 1 multiúsos de grandes dimensións.
    • 1 laboratorio de física.
    • 1 laboratorio de química.
    • 1 laboratorio de ciencias naturais.
    • 1 laboratorio de xeoloxía.
    • 1 aula de artes escénicas.

Outros espazos editar

  • Unha biblioteca con equipamento informático e audiovisual.
  • Un ximnasio ou pavillón deportivo con tres almacéns anexos e dous pares de vestiarios e baños.
  • Salón de actos.
  • Sala de xuntas.
  • Secretaría, vicedirección e dirección.
  • 1 espazo de cafetería.