Alberte Suras
Alberto Suárez Figueiras, nado en Montevideo en 1956,[1] é un informático, profesor e escritor galego. Emprega Alberte Suras como pseudónimo literario.[2]
Alberte Suras | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de xullo de 1956 |
Montevideo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
Xéneros | Poesía e teatro |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de emigrantes galegos, é profesor numerario de Sistemas Informáticos e programador de Aplicacións Informáticas do Centro de Cálculo da Deputación Provincial da Coruña. Dende o ano 2000 desenvolve o seu labor docente, no Departamento de Informática, na Escola de Mestría Industrial-IES Fernando Wirtz da Coruña. Ten colaborado con artigos e entrevistas en xornais como La Voz de Galicia, El Progreso, Atlántico Diario, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Sermos Galiza. Ten desenvolvido numerosas actividades literarias e poético-musicais como director de RadioTV Wirtz dende o ano 2011 ao 2015 (Mil versos para Celso Emilio, O meu primeiro Celso Emilio cun cartafol de soños, Miro Casabella o noso cantor ou Quintas-Canella o noso trobeiro). É membro dende 1992 da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
ObrasEditar
PoesíaEditar
- Latexos do vento, 1992, Ediciós do Castro.[3]
- Man ergueita sobre meixela dourada, 2008, Universidade da Coruña.
- Olladas dun intre de amor, 2009, Toxosoutos.[4][5]
- hABIa vinte e tres xeitos de dicir o teu nome, 2011, A.C. Alexandre Bóveda.
TeatroEditar
- Vaiche boa lúa polo carreiro da illa, 2010.
EducaciónEditar
- Contos e flores, 2008, AELG (Unidade Didáctica).
- A roseira dunha pega rabilonga, 2008, AELG (Unidade Didáctica).
Edición/coordinaciónEditar
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario, 2012, A.C. Alexandre Bóveda.
Obras colectivasEditar
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Perspectivas sobre Bóveda, 2011, A.C. Alexandre Bóveda.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG (Libro electrónico).
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario, 2012, A.C. Alexandre Bóveda.[6]
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- Manuel María. Libro colectivo de homenaxe, 2017, Deputación Provincial de Lugo.
- Antoloxía de Dombate, 2019, Deputación Provincial da Coruña.[7]
PremiosEditar
NotasEditar
- ↑ Blanco, Patricia (28-8-2009). "«Considérome un poeta cascarilleiro, con alma bergantiñá e recendo de Lucus Augusti»". lavozdegalicia.es. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ "Alberte Suras". aelg.gal. setembro 2008. Consultado o 26-6-2020.
- ↑ "DEZASETE LETRAS NA BRÉTEMA.". covaceltica.blogspot.com. 2-11-2011. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Mera, Heitor (10-12-2009). "Amarrando felicidade. Unha poesía vital" (PDF). medias.farodevigo.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-01-2010. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Roig Rechou, Blanca-Ana (2010). "Informe de Literatura 2009" (PDF). cirp.gal. Centro Investigación Ramón Piñeiro. p. 240. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Nicolás, Ramón (25-10-2012). "Cartafol de soños. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), VV.AA.". cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ López, Marta (1-12-2019). "lavozdegalicia.es". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29-7-2020.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Alberte Suras". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Xestoso, Manuel (19-11-2009). "Lume na palabra". anosaterra.com. Consultado o 29-7-2020.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Alberte Suras na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.