Afonso Eiré
Afonso Eiré López, tamén coñecido como Pucheiro, nado en Río Pedroso (A Laxe, Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.[1]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1955 (69 anos) A Laxe, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarEstudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso estando no instituto de Chantada e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Xogou de porteiro no Chantada de fútbol. Estudou xornalismo na Universidade de Madrid.[1] Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra encargándose das páxinas deportivas. En 1981, despois dunha crise encargouse de remodelar o semanario e formar un novo equipo e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu a conselleiro delegado de A Nosa Terra. Foi comentarista político e presidente da Fundación A Nosa Terra.[2]
Usou o pseudónimo Pucheiro sobre todo nas crónicas e comentarios deportivos[3]. Colaborou na TVG[4], foi comentarista na Radio Galega e na SER Galicia e mantivo unha columna semanal en El Correo Gallego.[5]
Traxectoria literaria
editarAmigos sempre (1998) é a súa primeira novela de formación, recrea a vida no Seminario de Lugo nos anos 60.
O coxo de Vilarelle (2004) é unha novela que recrea o feito histórico na contorna de Chantada arredor da suposta mellora da estrada nacional de Ourense a Lugo.[6]
Os bicos de Tina (2009) fala unha muller madura a piques de atoparse de novo co amor platónico da súa vida, o mesmo que abandonou de nova por un futuro de cartos en Barcelona e plasma o espertar sexual de dous nenos nunha aldea, nun tempo de papel.[7]
O penalti de Fuco (2012): o árbitro pita un penalti na final da Copa do Rei de fútbol, que se xoga no Santiago Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez.[8]
Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo (2013) é unha historia de espías. Xosé Torga é militante da UPG, investiga e descobre o papel dos servizos secrertos españois nos distintos conflitos internos que sufriu o nacionalismo galego.
En Eu estaba alí (2014)[9] lembra os principais episodios da viga galega: a ruptura do BNG, Cuíña Crespo e Fraga Iribarne, Carlos Mella e Barreiro Rivas, O Piloto, a morte de Amador e Daniel, de Moncho Reboiras. E as batallas das Encrobas, Baldaio, Xove, A Cota Empresarial, O Xurelo. Ademais do Estatuto de Autonomía, o intento de secuestro de Gómez Franqueira, a disolución do Partido Galleguista etc.
O Piloto. O último guerrilleiro (2015) é un libro de investigacón novelada sobre Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto.[10]
A morte do meu pai (2017) é unha historia persoal que recolle os últimos días do pai e as relfexións que lle vai provocando.[11]
En Memorias dunha vaca marela (2018)[12] volve a Cachorra, protagonista de Eu tamén fun coas vacas que directamente conta a súa vida na que se ve a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial.
A maxia da auga (2020) é un libro que revive e actualiza os principais mitos galegos e lles dá unha nova visión. Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común; están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga.[13]
Obras
editarEnsaio
editar- O fútbol na sociedade galega (1998). A Nosa Terra. ISBN 9788489976511.
- Chantada na historia (2010). A Nosa Terra. 93 páxs. ISBN 9788483414538.[14]
- Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo (2013). Biblos Clube. 192 páxs. ISBN 9788415086369.
- Belesar. O orgullo de España (2013). Hércules. 120 páxs. ISBN 978-84-92715-71-8.[15][16]
- Eu estaba alí (2014). Hércules. 256 páxs. ISBN 978-84-92715-84-8.
- O Piloto. O último guerrilleiro (2015) Hércules. En castelán O Piloto. El último guerrillero, ISBN 978-84-944396-0-5.
Narrativa
editar- Amigos sempre (1998). Espiral Maior. A Nosa Terra, 2010, 295 páxs. ISBN 9788483414705.[17]
- Eu tamén fun coas vacas (2000). Espiral Maior. 124 páxs. ISBN 9788495625144.
- O coxo de Vilarelle (2004). Espiral Maior. 188 páxs. ISBN 84-88137-97-4.
- Os bicos de Tina (2009). A Nosa Terra. 156 páxs. ISBN 978-84-8341-315-9.
- O penalti de Fuco (2012). Baía Ed. 185 páxs. ISBN 9788492630578.
- A morte do meu pai (2017). Hércules de Ediciones. 160 páxs. ISBN 9788494650260.
- Memorias dunha vaca marela (2018) Hércules de Ediciones. 240 páxs. ISBN 978-84-948619-1-8.
- A maxia da auga (2020). Hércules de Ediciones. 152 páxs. ISBN 978-84-120974-81.
- Ausentes (2022). Hércules de Ediciones. 304 páxs. ISBN 9788418966422.
- 100 anos de selección galega. (2022). Fundación Galiza Sempre.
- O militante (2024). Hércules de Ediciones. 272 páxs. ISBN 978-84-19754-47-9.
Guións
editar- Asolagados (2013). Documental.[18]
- O Piloto (2015). Documental.[19]
Colaboracións en obras colectivas
editar- Xornalistas ante a Lei. Edicións Lea.
- Libro de ouro (1999). Deputación de Lugo.
- Crónicas chantadinas (2004). Deputación de Lugo.
- Café de 4 A 4. 25 aniversario. VG.223-2006.
- No país da irmandade (2007). Deputación da Coruña.
- En defensa do Poleiro (2010). Toxosoutos.
- Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía; Concello de Vigo; Galaxia.
- Homenaxe a Neira Vilas. E. Ismael González.
- Galegos universais. Influencia de Galicia no mundo (2016). Autor de "Fidel Castro, neto de galegos pobres". Hercules. Coordinador.
- Moncho Valcarce, un dos inesquecibles (2018). Deputación da Coruña. ISBN 9788498123388
- Els maquis: la resistència armada contra el franquisme (1936-1965) (2020). Valencia.
Recoñecementos
editar- Premio de Narracións da Caixa Provincial de Lugo.[cando?]
- Premio Especial Puro Cora.[cando?]
- Premio Galicia de Ensaio.[cando?][Cómpre referencia]
- Premio Moncho do Pío, concedido polas adegas Terras de Bendaña a traballos xornalísticos sobre a Ribeira Sacra.[cando?][20]
- Premio Galicia de Xornalismo en dúas ocasións.[cando?][Cómpre referencia]
- Premio Julio Camba de Periodismo.[cando?][21]
- Premio Manuel María á "dignidade nacional" (2007).
- A Nosa Terra recibiu a Medalla Castelao na súa persoa sendo el director.[cando?][22]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Afonso Eiré López Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "CONCELLO DE CHANTADA WEB OFICIAL Historia". www.concellodechantada.org. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 2021-01-29.
- ↑ "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "Afonso Eiré, xornalista e escritor. Autor do libro "Eu estaba alí". CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "Afonso Eiré". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "O coxo de Vilarelle Espiral Maior LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
- ↑ Mato, Mar (2009-03-23). "Afonso Eiré: "O fracaso das relacións vén da falta de liberdade para medrar"". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "Eiré engade ‘O penalti de Fuco’ á escasa presenza do fútbol na nosa literatura – Editorial". Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "Afonso Eiré presenta en Lalín su libro 'Eu estaba alí'". Faro de Vigo (en castelán). 2014-11-13. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "Evento: O piloto. O último guerrilleiro Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
- ↑ Nicolás, Ramón (2017-09-04). "A morte do meu pai, de Afonso Eiré". Caderno da crítica. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "RADIO.- Afonso Eiré: "Pedro Sánchez levaba preparando este Goberno hai máis de dous meses"". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-03-10). "crítica de A MAXIA DA AUGA, de Afonso Eiré, en Hércules de Ediciones.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ 20minutos (2010-03-12). "Alfonso Eiré recopila la historia "sistemática" de Chantada desde la prehistoria y desvela los porqués de su evolución". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "Belesar o orgullo de España. Afonso Eiré, 2013. Hercules de Ediciones.". ourense-natural.es. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "Belesar, o orgullo de España". www.letrasavila.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ "Afonso Eiré presenta la reedición de «Amigos sempre», una historia de abusos en un seminario". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-08-03. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "Asolagados (2013)" (en castelán). Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "O Piloto de Xosé Reigosa". www.lagavillaverde.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2022. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "O xornalista e escritor Afonso Eiré recibirá en Chantada o premio Moncho do Pío". La Voz de Galicia. 2007-12-11. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "XL Premio Afundación de Periodismo Julio Camba ·". Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "La Xunta concede las medallas Castelao a Érguete, 'A Nosa Terra' y Hércules Ediciones". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-01-28.