Adrián Estévez
Adrián Estévez Iglesias, tamén coñecido como Estevo ou Adriansito,[1] nado en Pontevedra o 26 de outubro de 1983, é un filólogo, escritor e wikimedista galego.
Adrián Estévez | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Estevoaei |
Nacemento | 26 de outubro de 1983 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e IES Sánchez Cantón |
Ocupación | wikimedista e filólogo |
Coñecido por | Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Cursou o bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Estudou un ciclo superior de artes gráficas no IES Montecelo, a diplomatura de Maxisterio de educación primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra e o grao en Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Colaborou entre 2016 e 2018 en Pontevedra Viva facendo crítica literaria semanal na sección "Lecturas desde O Alcouce".[2][3] Colaborou na revista dixital Cicloxénese expresiva. É autor de relatos, tradutor e corrector de orixinais en varias editoras. En 2022 traballaba no equipo de revisión da RAG.[4]
Tamén é cantante (co nome de Estevo) no dúo pontevedrés Columna Vegana, formado con Corbi (guitarras e sintetizadores).[5]
Xoga habitualmente ao fútbol gaélico e colabora co Liceo Mutante de Pontevedra.[2][6]
Obra Editar
Ensaio Editar
Asinando Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón na Festa dos Libros de Pontevedra en 2023.
Tradución Editar
- A irmandade da uva (The Brotherhood of the Grape), de John Fante (2013). Hugin e Munin.[11]
Edición Editar
- Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo (2020). Henrique Monteagudo, coordinador. Patricia Arias Chachero, Nélida Cosme Abollo, Adrián Estévez Iglesias, editores. RAG. 319 páxs. ISBN 978-84-17807-04-7.[12]
Notas Editar
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:e". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-04-28.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Adrián Estévez Iglesias". Pontevedra Viva. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Lecturas desde O Alcouce: 'O curioso incidente do can á media noite'". Pontevedra Viva. 6 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019.
- ↑ "Equipo de redacción". Real Academia Galega. Consultado o 2023-04-28.
- ↑ "Columna Vegana". Columna Vegana. Consultado o 2023-04-28.
- ↑ "Liceo Mutante". Liceo Mutante (en castelán). Consultado o 2023-04-28.
- ↑ "Estévez Iglesias, Adrián". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-04.
- ↑ "Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-04.
- ↑ "Manuel de Castro, Handicap – Brétemas". 2023-05-30. Consultado o 2023-05-30.
- ↑ Nicolás, Ramón (2023-06-21). "Manuel de Castro, Hándicap. Crónica dunha paixón, por Adrián Estévez Iglesias". Caderno da crítica. Consultado o 2023-06-22.
- ↑ "A irmandade da uva". Rede de bibliotecas de Galicia. Consultado o 31 de agosto de 2021.
- ↑ "Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo". publicacions.academia.gal. Consultado o 29/4/2021.