Pontevedra Fútbol Gaélico

club de fútbol gaélico galego

O Pontevedra FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2013 na cidade de Pontevedra. Compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, Copa Galega de Fútbol Gaélico e Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico.

Pontevedra Fútbol Gaélico
NomePontevedra Fútbol Gaélico.
Alcume(s)O Glorioso
Fundación2013
EstadioCampo Príncipe Felipe (Mourente)
Capacidade500 espectadores
PropietarioDeputación de Pontevedra
PresidenteGalicia Nano Martínez
AdestradorGalicia Mónica González
LigaLiga Galega de Fútbol Gaélico de Primeira División
2016/175º (masculino)
2º (feminino)
VestimentaGSS
Na rede
https://gaelicopontevedra.com
Facebook: Pontevedra-Fútbol-Gaélico Twitter: Pontevedra_GAA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

 
Pontevedra FG no Torneo Ibérico celebrado na Coruña en 2015.

A comezos de 2013, varios rapaces pontevedreses comezaron a interesarse por este deporte practicamente descoñecido na cidade, e que comezaba a ser practicado nalgunhas vilas do país, atraídos por un deporte popular que conserva os seus valores orixinais e que supuña unha alternativa aos deportes máis seguidos da cidade. Este grupo de mozos comezou a traballar para poder ir facendo adestramentos. Pouco tempo despois, o seu traballo daba resultado, e un grupo dunhas dez persoas comezaba co proxecto. Tras varias reunións, decidiuse adoptar o nome da cidade para o club, así como facer clara referencia á mesma no escudo; para as cores, o verde. O 9 de marzo do 2013, o Pontevedra Fútbol Gaélico botaba andar[1]. Nos comezos adestraban nun pequeno campo abandonado situado na Barca, no concello de Poio, sen vestiarios nin duchas, coa herba en bastante mal estado, e moi próximo á autoestrada. Co tempo, este pequeno campo foi denominado cariñosamente coma "O Patatal". Logo de varios meses no "Patatal", e coa Liga Galega de Fútbol Gaélico xa a piques de comezar, comezaron a adestrar nos campos da Xunqueira. Por incompatibilidade de horarios víronse na obriga de xogar no campo do Carrasco en Marcón os partidos de liga. Na tempada 2014/15 o club consolidouse coa creación do equipo feminino[2]. Durante tres anos o equipo masculino mantívose en primeira división, até a súa desaparición en verán de 2017. Na tempada 2017/18 competiu só o equipo feminino.

Clasificación editar

2013/2014 editar

2014/2015 editar

2015/2016 editar

Uniforme editar

Uniforme titular: Camisola verde con liñas horizontais nun verde máis claro. Pantalón verde. Medias verdes.

Uniforme alternativo: Camisola granate con liñas horizontais en verde claro. Pantalón verde. Medias verdes.

Xogadoras editar

Datos de xaneiro de 2018
Posto País Xogador
DEF Nuria Tilve  
DEF Ruth Otero
DEF Cristina Suárez
DEF Marina Santiago
DEF Cristina Magariños
MED Sheila Piñeiro
MED Carme Reboreda
MED Ángela Regueira
MED María Crespo
MED Alejandra Romero  
DIA Patricia Pereira

*   Capitás

Notas editar

  1. "Pontevedra terá un equipo na Liga Galega de Fútbol Gaélico", artigo en Pontevedra Viva, 20 de setembro de 2013.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 25 de agosto de 2014.