Liga Galega de Fútbol Gaélico

competición deportiva galega


A Liga Galega de Fútbol Gaélico é unha competición de fútbol gaélico. Naceu na tempada 2013/14 baixo a organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, co obxectivo de asentar este deporte en Galiza.

Modelo:Competición deportivaLiga Galega de Fútbol Gaélico
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol gaélico Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAsociación Galega de Fútbol Gaélico Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónGalicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2012 – Editar o valor en Wikidata

Edicións

editar

Na primavera de 2013 xogouse a Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7, só na categoría masculina.[1] Na tempada 2014/15 participaron cinco equipos na categoría masculina (xogando 11 contra 11) e tres na feminina (xogando 7 contra 7).[2] Na tempada 2015/16 a categoría masculina, con once equipos, dividiuse en primeira e segunda división, mentres que na categoría feminina participaron oito equipos.[3] Na tempada 2018/19 participaron doce equipos na categoría masculina, con tres divisións, e sete equipos na categoría feminina. A tempada 2019/20 viuse afectada pola pandemia de Covid-19, que provocou tamén a redución de equipos de cara á tempada 2020/21, con seis equipos na categoría masculina e tres na feminina. Nas tempadas 2021/22 e 2022/23 houbo dúas divisións na categoría masculina e unha na feminina, mentres que na tempada 2023/24 participaron nove equipos na categoría masculina e seis equipos en categoría feminina.

Categoría masculina

editar

Primeira División

editar
Tempada Campión Subcampión Terceiro Máximo anotador
2013   Bráithreachas   Ártabros   Fillos de Breogán   Kanario (Bráithreachas)
2013/14   Estrela Vermelha   Irmandinhos   Fillos de Breogán   Rubén Leborán (Estrela Vermelha)
2014/15   Estrela Vermelha   Fillos de Breogán   Irmandinhos   Pablo Bernárdez "Chovi" (Irmandinhos)
2015/16   Estrela Vermelha   Irmandinhos   Fillos de Breogán -
2016/17   Irmandinhos   Fillos de Breogán   Estrela Vermelha   Marcos Gañete “Corba” (Irmandinhos)
2017/18   Irmandinhos   Estrela Vermelha   Fillos de Breogán   José Costa (Fillos de Breogán)
2018/19   Estrela Vermelha   Irmandinhos   Fillos de Breogán -
2019/20   Estrela Vermelha
  Fillos de Breogán
-   Auriense -
2020/21   Fillos de Breogán   Keltoi   Estrela Vermelha -
2021/22   Fillos de Breogán   Herdeiros de Dhais   Estrela Vermelha -
2022/23[4]   Fillos de Breogán   Keltoi   -   Herdeiros de Dhais + Irmandinhos -
2023/24   Fillos de Breogán   Estrela Vermelha   Keltoi   Iago Couso (Estrela Vermelha)

Segunda División

editar
Tempada Campión Subcampión Terceiro Máximo anotador
2015/16   Artabros   Herdeiros de Dhais   Bráithreachas   Juan Mejuto (Ártabros)
2016/17   Mecos   Auriense   Dorna   Barry Lynch (Dorna)
2017/18   Artabros   Bráithreachas   Cambados   Marcos Crespo (Keltoi)
2018/19   Herdeiros de Dhais   Keltoi GAC   Mecos -
2019/20   Keltoi GAC   Cambados   Turonia GFG -
2020/21 - - - -
2021/22   Keltoi GAC   Cambados   Turonia GFG -
2022/23[5]   Auriense   Turonia GFG   Cambados -

Terceira División

editar
Tempada Campión Subcampión Terceiro Máximo anotador
2018/19   Dorna FG   Bráithreachas   Estrela Gaels -

Categoría feminina

editar
Tempada Campión Subcampión Terceiro Máxima anotadora
2013/14   Irmandinhas   Fillas de Breogán   Mecas   Paula Castro (Irmandinhas)
2014/15   Irmandinhas   Fillas de Breogán   Estrela Vermelha   Paula Castro (Irmandinhas)
2015/16   Fillas de Breogán   Irmandinhas   Estrela Vermelha -
2016/17   Fillas de Breogán   Pontevedra   Herdeiras de Dhais   Vanesa Calviño (Estrela Vermelha)
2017/18   Fillas de Breogán   Herdeiras de Dhais   Estrela Vermelha   Uxía Castro (Estrela Vermelha)
2018/19   Herdeiras de Dhais   Estrela Vermelha   Fillas de Breogán   Uxía Castro (Estrela Vermelha)
2019/20   Estrela Vermelha   Auriense   Fillas de Breogán   Uxía Castro (Estrela Vermelha)
2020/21   Herdeiras de Dhais   Auriense   Fillas de Breogán   Estrela Vermelha   Independente FC   Turonia GFG -
2021/22   Estrela Vermelha   Independente FC   Turonia GFG   Auriense -
2022/23[6]   Turonia GFG   Fillas de Breogán   Estrela Vermelha -
2023/24   Auriense   Estrela Vermelha   Turonia GFG   Alba Rodríguez (Auriense)
  1. "Liga Galega 2012/13". Asociación Galega de Fútbol Gaélico. 
  2. "Liga Galega 2013/14". Asociación Galega de Fútbol Gaélico. 
  3. "Liga Galega 2015/16". Asociación Galega de Fútbol Gaélico. 
  4. "Liga galega masculina 2022/23". AGFG. 
  5. "Liga galega masculina 2022/23". AGFG. 
  6. "Liga Galega feminina 2022/23". AGFG.