Mecos FG Ogrobe
O Mecos Fútbol Gaélico Ogrobe é un club de fútbol gaélico galego, da vila do Grove. Foi fundado en 2012 é membro fundador da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico ademais tamén xoga a Copa Galega de Fútbol Gaélico e o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo nacido na comarca do Salnés.
Mecos Fútbol Gaélico | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Mecos Fútbol Gaélico Ogrobe. | |||
Alcume(s) | Mecos | |||
Fundación | 22 de decembro de 2012 | |||
Estadio | Estadio Municipal Monte da Vila | |||
Capacidade | 1000 espectadores | |||
Presidente | Francisco González Costa | |||
Adestrador | Rubén Perez Prieto "Rubio" (Masculino) Francisco González Costa (Feminino) Francisco González Costa (Base) | |||
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico | |||
2016/17 | 8ª Feminino e 1º Masculino (2ª División) | |||
Vestimenta | GSS | |||
Na rede | ||||
http://www.mecosfg.com/ | ||||
| ||||
Historia
editarO Club Mecos FG Ogrobe creárono un grupo de mozos da zona, co obxectivo de popularizar e estender o fútbol gaélico entre a mocidade galega. O 5 de novembro de 2012 comezou a xestarse a idea do equipo. O día 24 de novembro decídese dar o paso da creación do equipo, cun grande apoio popular, e o día 22 de decembro de 2012 comezaron os adestramentos.
O 9 de marzo de 2013 xunto cos equipos A Coruña Fillos de Breogán e Irmandinhos A Estrada constitúen a Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
O 23 de marzo de 2013 os Mecos xogaron o primeiro partido da súa historia contra os Ártabros de Oleiros no que foi tamén o seu primeiro partido oficial na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7.
O 22 de xuño de 2013 os Mecos remataron a primeira tempada da súa historia cun 4º posto na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 sendo o único equipo que acadou vencer os campións, os Bráithreachas da Estrada.
En xuño de 2013 crease o equipo feminino, o Mecas F.G., que conta cunhas 20 xogadoras. As Mecas forman parte da Liga Galega de Fútbol Gaélico Feminina, que na súa primeira edición tan só tiña 3 equipos, pero na que actualmente compiten 7 equipos galegos. Participan, ademais, na Copa Galega de Fútbol Gaélico Feminina e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico Feminino.
Na tempada 2013/14 a marcha dos equipos foi moi irregular rematando as súas respectivas ligas cun 3º posto no caso do equipo feminino e un 4º posto no caso do masculino. Porén os resultados da Copa Galega de Fútbol Gaélico foron sensiblemente mellores no caso do equipo masculino que acadou o 3º posto nun campionato con 8 equipos, o que acudían en cadro debido ás numerosas baixas, o equipo feminino rematou a copa en 4º lugar.
Na tempada 2015/2016 o equipo masculino viuse relegado á segunda división tras unha mala tempada e mesmo incorrer nunha aliñación indebida nun partido que rematara con vitoria.
Nesta tempada 2016/2017 o equipo volveu á primeira división logo dunha gran tempada na que so foi derrotado en dúas ocasións.
Dende 2013 conta ademais cun grupo de nenos e nenas de distintos colexios do Grove que todas as semanas se forman na práctica deste deporte.
Clasificación feminina
editar2013/2014
editar3ª Liga Galega de Fútbol Gaélico
4ª Copa Galega de Fútbol Gaélico
2014/2015
editar4ª Liga Galega de Fútbol Gaélico
3ª Copa Galega de Fútbol Gaélico (combinado con Auriense FG)
6ª Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2015/2016
editar6ª Liga Galega de Fútbol Gaélico
2016/2017
editarClasificación masculina
editar2013
editar4º Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7
8º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2013/2014
editar4º Liga Galega de Fútbol Gaélico
3º Copa Galega de Fútbol Gaélico
2014/2015
editar4º Liga Galega de Fútbol Gaélico
9º Copa Galega de Fútbol Gaélico
10º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2015/2016
editar5ª Liga Galega de Fútbol Gaélico
2016/2017
editar1ª Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División
Títulos
editar1 Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camisola metade azul mariño e metade azul mar. Pantalón azul mariño. Medias azul mariño.
- Uniforme alternativo: Camisola metade branca e metade azul mar. Pantalón branco. Medias azul mar.
Xogadores/as
editarCadro Feminino 2013/14
editar- Datos do 1 de xaneiro de 2017.
Cadro Masculino 2013/14
editar- Datos do 1 de xaneiro de 2017.
|
|
Corpo técnico
editarCargo | Técnico |
---|---|
Adestradores | Rubén Pérez Prieto "Rubio" (masculino), Francisco González Costa (feminino) |
Adestrador asistente | Anxo López Vale |
Adestrador de porteiros | Anxo López Vale |
Preparador físico | Ricardo Garrido Caneda |
Delegado | Álvaro Ramos Caneda |