Ártabros de Oleiros
O Ártabros de Oleiros foi un equipo de fútbol gaélico da localidade de Oleiros, con filiación co Fillos de Breogán da Coruña.
Ártabros de Oleiros Fútbol Gaélico | ||
---|---|---|
Nome | Ártabros de Oleiros. | |
Alcume(s) | Ártabros | |
Fundación | 2011 | |
Estadio | - | |
Capacidade | - | |
Presidente | ![]() | |
Adestrador | ![]() | |
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico | |
2014/15 | 7ª | |
Vestimenta | Santín Dixital | |
Patrocinador | Canosa, Tamisa, Fran Carrera | |
Na rede | ||
http://corunna.yolasite.com/oleiros.php | ||
| ||
Historia
editarO equipo naceu no 2011 logo do acordo da xunta directiva do Fillos e Breogán para crear un novo equipo en Oleiros con filiación co Fillos de Breogán. A xunta directiva decidiu por maioría simple nomear o novo club irmán como Ártabros de Oleiros. Os seus integrantes poden ser convocados polo adestrador dos Fillos de Breogán Carlos Seco, tamén adestrador do novo equipo, polo menos nos seus comezos. No caso de que o equipo oleirense contara con efectivos suficientes, o Ártabros de Oleiros pasaría a participar tamén nos torneos do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico.
Nome
editarO nome do equipo tomouse da tribo dos Ártabros, de orixe celta, que se asentou na área comprendida entre as rías da Coruña e de Ferrol.
Escudo e cores
editarO escudo deseñouse tendo en conta o novo nome do club e tomando como referencia o brasón da vila. O fondo do escudo é de cor azul (ao igual que o de Oleiros) e na parte inferior matén as ondas do brasón da vila, na parte central aparece representado un tríscele espiral que fai referencia ás raíces célticas. Sobre as ondas aparece un balón de fútbol gaélico branco.
A cor do equipo é o negro. O uniforme é camiseta negra, pantalón azul e medias azuis.
Clasificación
editar2012
editar6º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2013
editar3º Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7
7º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2013/2014
editar6º Copa Galega de Fútbol Gaélico
10º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2014/2015
editar7º Liga Galega de Fútbol Gaélico