Copa Galega de Fútbol Gaélico
A Copa Galega de Fútbol Gaélico é unha competición de fútbol gaélico nacida na tempada 2013/14 baixo a organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico co obxectivo de ser a gran festa do fútbol gaélico en Galicia.

Na primeira edición, celebrada na Estrada o 14 de xuño de 2014, participaron oito equipos na categoría masculina e catro na feminina. Na segunda edición participan nove equipos na categoría masculina e seis na feminina. Na terceira edición, xogada en Xinzo de Limia o 7 de maio de 2016, participaron nove equipos masculinos e sete femininos.
Edicións editar
- Categoría masculina
Tempada | Campión | Subcampión | Terceiro |
---|---|---|---|
2013/14 | Estrela Vermelha | Fillos de Breogán | Mecos |
2014/15 | Estrela Vermelha | Irmandinhos | Pontevedra |
2015/16 | Estrela Vermelha | Fillos de Breogán | Irmandinhos |
- Categoría feminina
Tempada | Campión | Subcampión | Terceiro |
---|---|---|---|
2013/14 | Irmandinhas | Fillas de Breogán | Bráithreachas |
2014/15 | Irmandinhas | Estrela Vermelha | Mecas/ Auriense |
2015/16 | Irmandinhas | Fillas de Breogán | Pontevedra/ Estrela Vermelha |