Estrela Vermelha FG

club de fútbol gaélico galego

O Estrela Vermelha FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela. Está asociado a Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico.

Estrela Vermelha
NomeEstrela Vermelha Fútbol Gaélico.
Alcume(s)Estrela Vermelha, Estrela
Fundación2013
EstadioCampo de Chaián
Capacidade400 espectadoras
PropietarioConcello de Santiago
PresidenteGalicia Brais Prieto Moure
AdestradorGalicia Pablo Da Silva Rocha, Brais Prieto Moure
LigaLiga Galega de Fútbol Gaélico
2018/192ª Feminino e 1º Masculino
VestimentaKeltia
PatrocinadorA Nave de Vidán, Bodeguilla de San Lázaro, A Casa do Taberneiro, José Bermúdez Gourmet, MV
Titular
Alternativo

Historia

editar

Aínda que o club Estrela Vermelha naceu no ano 1997, non é até o ano 2013 que o club crea a sección de fútbol gaélico, seguindo a estela doutros equipos deste deporte irlandés que agromaran polo país. Proclamouse campión da Liga Galega de Fútbol Gaélico e da Copa Galega de Fútbol Gaélico nas tempadas 2013/2014[1][2], 2014/2015 [3] e 2015/2016 [4]. Desde o seu debut até a terceira tempada, o equipo masculino gañou todas as Ligas e Copas galegas de Fútbol gaélico (3 dobretes [5]). Na tempada 2017/2018 fica subcampión da Liga, campión da Copa Galega e subcampión do Campionato Ibérico. Na tempada 2021/22 queda en terceira posición na Liga e no All-Galicia.

No 2014 créase a sección feminina do equipo que, ao longo das tempadas, foi acadando mellores resultados. Na tempada 2017/2018 consegue o primeiro gran título ao gañar a Copa Galega, ademais de ficar no terceiro posto na Liga e en segundo lugar no Campionato Ibérico. Catro integrantes do equipo feminino estreleira (Ánxela, Uxía, Lucía e Vane) forman parte da Selección galega de fútbol gaélico que consegue no verán de 2018 o título de campioas de Europa na primeira edición do Torneo Europeo de fútbol gaélico, celebrada en Lorient no marco do Festival Intercéltico de Lorient. Na tempada 2019/2020 conseguen o seu primeiro título de Liga[6]. O Estrela feminino acada o dobrete de campioas da Liga[7] e da Copa[8] na tempada 2021/22.

Na tempada 2018/2019 inicia a súa andaina o equipo filial do Estrela Vermelha na categoría masculina baixo o nome de "Estrela Gaels" e fican undécimos na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Na tempada 2019/2020 o Estrela Gaels conseguiu o récord de empates consecutivos na Historia da Liga: tres. Contra Irmandinhos, Cambados e Keltoi Vigo. Cortaron a racha coa vitoria en Chaián ante o Dorna da Illa de Arousa.

Clasificación feminina

editar

Clasificación masculina

editar

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camisola vermella coas mangas negras e detalles brancos. Pantalón negro. Medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camisola negra con detalles en branco e vermello. Pantalón negro. Medias negras.

Xogadores/as

editar

Cadro masculino 2017/18

editar
Datos do 20 de decembro de 2017.
Posto País Xogador
1 POR   David De La Torre
2 DEF   Román Castaño
3 DEF   David Romero
4 DEF   Angel Negrete
5 DEF   Brais Prieto Moure
6 DEF   Pablo Bermejo  
7 DIA   Rubén Leborán
8 DEF   Iago Pérez
9 DEF   Pablo Mascareñas
10 DIA   Iago Couso
11 DIA   Adriano Quiroga
31 MED   Alberto Moreno
13 DEF   Jorge Teijeiro
Posto País Xogador
15 DIA   Darío Éyre
16 MED   Alejandro Costoya
17 DIA   Antón Bermúdez
18 MED   Roberto Casas
19 DIA   Mohamed Traoré
21 MED   Manuel Suárez
20 DEF   Tristán Fernández
22 DEF   Alejandro Cancela
  •   Capitán

Cadro masculino 2014/15

editar
Datos do 1 de outubro de 2014.
Posto País Xogador
1 POR   David De La Torre
2 DEF   Román Castaño
3 DEF   David Romero
4 DEF   Angel Negrete
5 MED   Pablo Bermejo  
6 DEF   José Luis Iglesias
7 DIA   Rubén Leborán
8 MED   Alejandro Costoya
9 DEF   Iago Pérez
11 DIA   Luís Aller
12 DEF   Andrés Fernández
13 DEF   Jorge Teijeiro
14 DIA   Adriano Quiroga
Posto País Xogador
15 MED   Diego Diéguez
16 DIA   Roberto Casas
17 DEF   Alexandre Casal
18 MED   David Felpete
19 DEF   Brais Prieto Moure
20 DIA   Xesús Puente
DEF   Pablo Da Silva
  Eduardo Fernández
  Carlos Ferreiro
  Ismael Romero
  Rubén Romero

Estrela Gaels 2019/20

editar
Datos do 20 de marzo de 2020.
Posto País Xogador
1 POR   Román Castaño  
2 MED   Pablo Santiago
3 DEF   Ricardo Rivas
4 MED   Alejandro "Kuki" Moreno
5 MED   Alberto "Maraca" Moreno
6 DIA   Emanoel Pazos
7 MED   David "Negro" Felpete
8 MED   Tomás Lagoa
9 DIA   Adrián "Gippi" López
10 DIA   Diego Rama
11 DEF   Tristán Fernández
12 DEF   Esteban Costa
13 MED   Adrián Dios
Posto País Xogador
14 MCD   Jacobo Ferro
16 MED   André Vicente
17 DIA   Charli Quiroga
20 DEF   Gonzalo Suárez
22 DEF   Ánxel Laxe
23 POR   Rubén Romerito

Cadro feminino 2013/14

editar
Datos do 1 de outubro de 2014.
Posto País Xogador
1   Inés Carballo​
2   Vanessa Calviño
3   Ana Veira
4   Veronica Sánchez
5   Anxela Estévez  
7   Irene Abelenda
8   Miriam Healy
9   Lucia Mella
Posto País Xogador
11   Teresa Boquete
12   Ilduara Cuadrado
13   Veronica Fernández
  María Roibas
  Zulema Varela
  Lara Salgados
  Cristina Almenglo
  Charlotte Astley
  •   Capitá


Cadro feminino 2019/20

editar
Datos do 2 de xaneiro de 2020.
Posto País Xogador
1   Laura Gutiérrez
2   Laura Liñares
3   Auri Piñeiro
4   Iria Mosquera
5   Anxela Estévez  
7   Nerea Henriques
8   Vanesa Calviño
9   María Regueira
Posto País Xogador
11   Cristina Almengló
12   Lourdes Rey
13   Uxía Castro
14   Lucía Mella
24   Elba Baldomir
26   Rocío Aldrey
  •   Capitá
  1. http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18575.html
  2. Confidencial, Galicia. "A primeira Copa Galega, para o Estrela Vermelha". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-10-08. 
  3. Galiza, Sermos. "Estrela Vermelha e Irmandinhas conquistan a Copa galega de fútbol gaélico". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 2016-10-08. 
  4. Galiza, Sermos. "Estrela Vermelha e Irmandinhas revalidan a súa primacía na Copa Galega de fútbol gaélico". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 2016-10-08. 
  5. "Dobrete para o Estrela Vermelha | CRTVG". www.crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 2016-10-08. 
  6. "O Estrela Vermelha, campioas da Liga Galega de fútbol gaélico". O Estrela Vermelha, campioas da Liga Galega de fútbol gaélico. 
  7. "Liga Galega feminina 2021/22". Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Consultado o 2023-04-05. 
  8. "Copa Galega feminina 2022". Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Consultado o 2023-04-05. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar