Irmandinhos A Estrada
O Irmandinhos A Estrada é un club de fútbol gaélico galego, da vila de Estrada. Foi fundado en 2012 e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo fundado na provincia de Pontevedra.
Irmandinhos A Estrada | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Irmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico. | |||
Alcume(s) | Irmandinhos | |||
Fundación | Setembro de 2012 | |||
Estadio | Campo da Figueroa | |||
Capacidade | 500 espectadores | |||
Presidente | Ramón Codesido | |||
Adestrador | Sito Magariños | |||
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico | |||
2017 | 1º e 4º | |||
Vestimenta | O'Neills | |||
Patrocinador | Valenciaga Gastro, Reale Seguros, Xeos da Ulla, Clara Torres e Calpep Bebé | |||
Na rede | ||||
http://www.irmandinhosgaa.tk/ | ||||
| ||||
Historia
editarIrmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico naceu logo do verán de 2012. Dende aquela, o seu crecemento foi espectacular, non só no seu cadro masculino, senón que tamén foi o segundo club galego en dispor de sección feminina. Os Irmandinhos estreáronse no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico no Torneo da Coruña de 2013. As Irmandinhas tiveron a súa estrea oficial no derradeiro torneo dese mesmo ano no Torneo de Madrid do mes de xuño.
Na competición galega, como A Coruña Fillos de Breogán, Irmandinhos presentou dous conxuntos. O equipo máis forte foi denominado como Bráithreachas (que significa irmandade en gaélico irlandés). Estes dous equipos participaron na primeira Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 desenvolta no primeiro semestre do ano 2013. Con todo, Bráithreachas aínda non participou en torneos do Campionato Ibérico. Os Irmandinhos adestra e xoga no Campo de Callobre e no Campo da Figueroa.
O 9 de marzo de 2013 xunto cos equipos A Coruña Fillos de Breogán e Mecos FG Ogrobe constitúen a Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
O 22 de xuño de 2013 os Irmandinhos remataron a primeira tempada da súa historia cun 5º posto na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 pero o seu equipo irmán os Bráithreachas proclamáronse campións.
Clasificación Feminina
editar2013/2014
editar1º Liga Galega de Fútbol Gaélico
1º Copa Galega de Fútbol Gaélico
3º (Bráithreachas) Copa Galega de Fútbol Gaélico
Clasificación Masculina
editar2013
editar1º (Bráithreachas) Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7
5º Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7
5º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2013/2014
editar2º Liga Galega de Fútbol Gaélico
4º Copa Galega de Fútbol Gaélico
8º (Bráithreachas) Copa Galega de Fútbol Gaélico
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camisola branca con dúas franxas verticais no centro de cores verde e vermello. Pantalón negro. Medias brancas e verdes.
Xogadores/as
editarCadro Masculino 2013/14
editar- Datos do 1 de agosto de 2013.
Cadro Feminino 2013/14
editar- Datos do 1 de agosto de 2013.
|
|