Acarnas (en grego Αχαρνές, en katharevousa Αχαρναί, tamén coñecido como Μενίδι Menidi) é un municipio de Grecia que está situado na área metropolitana de Atenas. É o máis poboado da Ática oriental. Gran parte da zona norte está ocupada por bosques de Parnitha. O municipio está situado ao norte do Gran Anel de Atenas, a 10 km ao norte.

Modelo:Xeografía políticaAcarnas
Imaxe

Nomeado en referencia aAcharnae (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°05′33″N 23°44′33″L / 38.0925, 23.7425Coordenadas: 38°05′33″N 23°44′33″L / 38.0925, 23.7425
EstadoGrecia
Axencia gobernamentalDecentralized Administration of Attica (en) Traducir
PeriferiasPeriferia de Ática
Unidades periféricasÁtica Oriental (pt) Traducir
ConcelloAcharnes Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación100.857 (2021) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude186 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal136 xx Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico210 Editar o valor em Wikidata

Páxina webacharnes.gr Editar o valor em Wikidata

Historia antiga editar

Na Grecia antiga, Acarnas (en grego Ἀχαρναί, Akharnaí, plural) era o máis extenso dos demos do Ática[1] situado ao pé do monte Parnés, a 60 estadios ao norte de Atenas[2]. É o territorio da tribo Enea.

Acarnas é citado por Píndaro na súa Segunda Nemea (v. 16–17), dedicada a Timodemus, orixinaria desta demo e gañadora dun concurso de pancración. Terra fértil, Acarnas producía cereais, viño e aceite de oliva. Durante a Guerra do Peloponeso, o demo proporcionou 3.000 hoplitas, é dicir, unha décima parte do exército cívico. Foi arrasada en 431 a. C. no transcurso da invasión do Ática polas tropas espartanas dirixidas polo rei Arquídamo II[3].

Foi un dos escenarios dun combate entre as tropas do demócrata Trasíbulo e os lacedemonios que apoiaron aos Trinta Tiranos durante a Guerra Civil ateniense[4].

Fíxose famosa pola comedia de Aristófanes Os acarnienses (425 a. C., primeiro premio das Leneas), que pon en escena a un cidadán apaixonado pola paz, Dicéópolis, en desacordo cos belicosos acarnianos, representados burlonamente como carboeiros.

Pausanias menciona o culto en Acarnas de Apolo Agieus, Heracles, Atenea Hygiea, Atenea Hipica, Dioniso Melpómeno e Dioniso Kisón. Tamén sinala a tradición de que foi o primeiro lugar no que Dioniso creou a hedra[5].

Unha inscrición de finais do século IV a. C. é posíbel que mencionase a existencia dun teatro en Acarnas[6]. En febreiro de 2007, os traballos desenterraron unha parte do antigo teatro[7], concretamente as bancadas de koilon.

Colección de fotos da tumba abovedada micénica editar

Notas editar

  1. Tucídides, II, 19, 2.
  2. Tucídides, II, 21, 2.
  3. Tucídides, II, 10–23 e Plutarco, Pericles, XXXIII.
  4. Diodoro Sículo XIV,32-33.
  5. Pausanias I,31,6.
  6. Inscriptiones Graecae II² 1206
  7. "Αρχαίο θέατρο έφερε στο φως εκσκαφή για τη θεμελίωση πολυκατοικίας στο Μενίδι". in.gr (en grego). 2007-02-15. Consultado o 2022-07-12. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar