Abbasqulu ağa Bakıxanov
Abbasqulu ağa Bakıxanov, tamén coñecido co alcume de Qüdsi (nobre, limpo), nado en Əmircan o 21 de xuño de 1794 e finado en Wadi Fatima, preto de Jedda, en xaneiro de 1847, foi un militar, escritor, historiador, xornalista, lingüista e filósofo azerí, descendente da dinastía gobernante do khanato de Bakú.
Nome orixinal | (az) عباسقلی باکیخانوف |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xuño de 1794 Əmircan, Baku, Acerbaixán (en) |
Morte | 31 de maio de 1847 (52 anos) A Meca, Arabia Saudita |
Causa da morte | cólera |
Lugar de sepultura | Wādī Fāţimah (en) |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | historiador, poeta, escritor, filósofo, militar |
Pseudónimo literario | Кудси |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Ruso |
Conflito | Guerra Russo-Persa (pt) |
Familia | |
Familia | Bakikhanovs (en) |
Pai | Mirza Muhammad Khan II |
Irmáns | Jafargulu Bakikhanov |
Parentes | Həsən ağa Bakıxanov, sobriño, nora/ genro |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Pedagogues and Psychologists of the World (en) , |
Traxectoria
editarAbbasqulu era o fillo do 9º khan de Bakú, Mirza Muhammed II e da nobre xeorxiana convertida ao islam Sofía Bagram [1]. Ata 1803 viviu en diversas propiedades da familia na península de Abşeron e despois estableceuse preto de Quba, no norte do país. Recibiu unha sólida educación formándose en teoloxía, filosofía, ciencias árabe, turco, ruso e máis tarde francés e polaco. En 1818 estableceu a primeira sociedade literaria azerí, Golestan-i Iram. En decembro de 1819 alistouse no exército ruso como intérprete e participou na expedición para suprimir o Khanato de Gazikumukh (no actual sur do Daguestán) e pola súa actuación foi promovido a alférez. En 1823 participou na na misión rusa que describiu a recentemente formada provincia de Karabakh e participou na comisión encargada de delimitar a fronteira con Persia. En 1826 ascendeu a tenente e participou nas guerras ruso-persa e na ruso-turca. En 1827 pola súa participación no cerco da fortaleza persa de Abbas Abad ascendeu a capitán-tenente. Logrou convencer ao khan de Nakhichevan e a varios xefes kurdos de Persia para se aliaren con Rusia. En 1828 ascendeu a capitán e participou nas negociacións de paz con Persia que remataron no asinamento do Tratado de Turkmanchai, ao ano seguinte ascendeu a maior pola dilixencia amosada na toma de Akhaltsikhe. Promovido a tenente coronel en 1832. Serviu durante algún tempo no Ministerio de Asuntos Exteriores en San Petersburgo e viaxou por Rusia, Polonia, Letonia e Lituania, en 1835 retirouse do servizo activo establecéndose na vila de Amsar, preto de Quba. En 1842 ascendeu a coronel. Morreu mentres volvía da peregrinación á Meca nun oasis a medio camiño entre a Meca e Medina.
Obra
editarFondamente influído pola cultura europea era un fervente musulmán xíi de ideas liberais, que criticaba o fanatismo das masas e o escurantismo do clero e que promovía a cultura islámica na rexión e no conxunto de Rusia. Tiña proxectos para establecer unha institución de educación superior para os musulmáns para a que escribiu libros de texto pero finalmente o proxecto nunca se realizou, traduciu tamén varias fábulas de Iván Krylov pero só se conserva unha soa e publicou a primeira gramática do persa, Qanun-i Qudsi. Bakıxanov está considerado en Acerbaixán o derradeiro escritor dos tempos antigos e o primeiro dos tempos modernos, por estaren os seus traballos inseridos na tradición medieval oriental, cheos de imaxes convencionais pero con temas tomados da vida moderna e imbuídos da tradición occidental.
Obras
editar- Riyazül-Güds, escrito en 1820 so unha forte influencia da literatura relixiosa xiíta, é unha transcrición libre e en azerí de Jila al-Uyun de Mohammed Baghir Majlisi. É unha obra épica en prosa con catorce historias independentes pero conectadas entre si nas que inclúe poemas.
- Golestan e Eram, escrito en 1841 en persa, dedicado á historia do Cáucaso oriental desde a antigüidade ata 1813, baseado en numerosas fontes antigas e en autores contemporáneos. En 1844 o propio autor traduciuno ao ruso. Publicouse por vez primeira en vez en 1926, en ruso. Na súa lingua orixinal non se publicou ata 1970 e en azerí en 1951.
- Kitabi-Əsgəriyyə, foi o primeiro libro de ficción do autor, escrito en 1837 en azerí, narra o amor de dous mozos. Publicouse por vez primeira en 1861 nunha edición simplificada e non foi ata 1946 cando se publicou por primeira vez a versión completa.
- Qanun-i Qudsi, gramática do persa escrita en 1831, publicouse en ruso en 1841 converténdose na base da iranística en Rusia.
- Mishkat al-Anwar, obra didáctica en persa, con fábulas, parábolas, citas do Corán e referencias ao misticismo sufí.
- Kashf al-Qaraib, libro de texto dedicado ao descubrimento de América, escrito na década de 1830
- Asrar al-Malakut, introdución á astronomía escrito en árabe.
Notas
editar- ↑ Ahmedov, E.M. (1989) A.K. Bakihanov: epoha, jizn, deyatelnost, Bakú, 1989, páx. 56