Nakhichevan
A República Autónoma de Nakhichevan[Cómpre referencia] (Naxçıvan Muxtar Respublikası en acerbaixano) é un exclave de Acerbaixán. Conta con 372.880 habitantes e ten unha superficie de 5.500 km², limita con Armenia (221 km), Turquía (9 km) e Irán (179 km). A súa capital é Nakhchivan.
Divídese en 6 raións (distritos): Babak, Julfa, Ordubad, Sadarak, Shahbuz e Sharur.
HistoriaEditar
O territorio disputárono turcos, armenios e persas ata que en 1828 pasou ao poder de Rusia.