A Goldra, Mañufe, Gondomar
A Goldra é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres).
A Goldra | |
---|---|
Parroquia | Mañufe |
Concello | Gondomar |
Coordenadas | 42°06′14″N 8°46′34″O / 42.103888888889, -8.77625 |
Poboación | 32 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atópase sobre o antigo camiño real entre Tui e Baiona, a 1,7 km do centro da vila de Gondomar e a 20 metros sobre o nivel do mar.[1]
Descrición
editarA Goldra é unha entidade de poboación de Mañufe, constituída por un conxunto de 32 vivendas[2] nunha contorna paisaxística marcado polo río Pequeno (afluente do río Miñor) e O Monte do Castro, do que se encontra ás súas abas. Antigamente o seu casarío situábase á beira do Camiño Real Tui - Baiona, (un dos camiños máis importantes da antiga provincia de Tui durante o Antigo Réxime[3]), e moi próximo á vía de peregrinación coñecida como O Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago. Este último en liñas xerais corresponde na actualidade á estrada provincial PO-2035, ao seu paso por Mañufe.
Limita ao norte coa Moreira e ao nordés con Cristillón. Ao leste fai estrema con San Brais, ao sur coa Costa e San Sebastián; e a poñente con Galisteo.[4]
Pola aldea discorre a ruta patrimonial de San Vicente a San Sebastián do Portelo, deseñada polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoranos. A leira coñecida como A Casa do Silva está mencionada como mostra de edificación tradicional. Aparece descrita polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso como vivenda de tipoloxía "a fronte pública"; salienta o seu muro "pincho", balcón e porta no primeiro andar do edificio "e porta, á que se chega dende o camiño a través duns chanzos de granito, na baixa". Matiza que esta peza do patrimonio local, foi sometida, décadas atrás a reformas que desvirtuaron a súa estrutura orixinal. Dentro do seu perímetro atópase "un notable hórreo do tipo Mañufe situado sobre o muro que a separa do camiño intentando ocupar deste xeito a mínima superficie posible de terra cultivable."[5]
Notas
editar- ↑ "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 10/05/2020.
- ↑ "Lugar Goldra Mañufe Gondomar". idealista.com. Consultado o 09/06/2020.
- ↑ Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 105. ISBN 978-84-09-06-595-0.
- ↑ "Toponimia de Mañufe". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 09/06/2020.
- ↑ Soliño Troncoso, Antonio. "Ruta 7. Mañufe. De San Vicente a San Sebastian do Portelo". Wikilock. Consultado o 09/06/2020.
Lugares e parroquias
editarLugares de Mañufe
editarLugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal |