Piquetes, Mañufe, Gondomar
Piquetes é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar, comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 86 persoas empadroadas (44 homes e 42 mulleres). Está situado a 2 km do centro da vila de Gondomar e a 38 metros de altitude sobre o nivel do mar.[1]
Piquetes | |
---|---|
Parroquia | Mañufe |
Concello | Gondomar |
Coordenadas | 42°06′08″N 8°46′10″O / 42.102361111111, -8.7695833333333 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarEsta entidade de poboación fai estremas ao norte con Cristillón, a poñente con Seidóns, ao levante coa parroquia de Gondomar e ao sur cos montes do Outeiro do Concello. Ten a 2020 un total de 69 vivendas construídas[2].
Patrimonio
editarSalientan algunhas construcións do rural galego. O seu cruceiro na encrucillada do camiño de Cristillón co camiño de Piquetes (antigo tramo do camiño real Baiona - Tui), está arrodeado dalgunhas vivendas de valor etnográfico como é o caso da Taberna do Tío José de Matilda, pequeno edificio a carón do devandito cruceiro e o lavadoiro público de restauración recente.[3]
- Cruceiro de Piquetes
- Artigo principal: Cruceiro de Piquetes.
Está situado no lugar de Piquetes, na encrucillada do Camiño Real Tui-Baiona co Camiño de Cristillón que leva ao cemiterio de Mañufe. Antigamente foi lugar de culto e procesión da festividade de San Brais. Esta partía da capela do Pazo de Moldes cara a este cruceiro onde daba volta e retornaba ao templo. Non ten data acreditada documentalmente, mais os estudos da súa fábrica polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso a fan estimar sobre o século XVII. No estudo desta peza de Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, tampouco constata data de construción, mais coincide en que se trata dun cruceiro "primitivo". Cumpre coa fisionomía típica do cruceiro: plataforma, base, fuste, capitel e cruz.
Nota
editar- ↑ "Parroquia de mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 25/05/2020.
- ↑ "Lugar de Piquetes, Mañufe, Gondomar". Idealista.com. Consultado o 17/06/2020.
- ↑ Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 110. ISBN 978-84-09-06595-0.
Lugares e parroquias
editarLugares de Mañufe
editarLugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal |