Galisteo, Mañufe, Gondomar

lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar

Galisteo é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 117 persoas empadroadas (65 homes e 52 mulleres).

Galisteo
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′17″N 8°46′45″O / 42.104638888889, -8.7792777777778
Poboación117 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Atópase a 2 km do centro da vila de Gondomar e a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar. Está constituída por un conxunto dunhas 90 leiras que limitan ao sur co barrio de San Sebastián, ao leste fai estrema coa Goldra, ao oeste coa Cruz e ao norte co Lameiro.[1]

Patrimonio

editar

Pousa de Gómez. Nos seus estudos sobre o concello de Gondomar, o arquitecto Antonio Soliño Troncoso destácaa como outra “de tantas casas grandes do municipio practicamente desaparecidas por decadencia económica”. Engade que se atopa “vinda a menos e maltratada por sucesivas reformas, posuíu ata a segunda metade do XX un escudo de armas colocado na fachada, xusto sobre as escaleiras que conducen ao corredor. Algunha vez serviu de escenario cinematográfico.”[2]

Na recollida de toponimia realizada en 2015 polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar, tamén recolleuse o microtopónimo A Fonte do Gómez, situada a 250 metros dirección sueste da pousa, nun pequeno outeiro.[3]

  1. "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 10/05/2020. 
  2. Soliño Troncoso, Antonio (2018). Percorrido polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Deputación de pontevedra. p. 107. ISBN 978-84-09-06595-0. 
  3. "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 10/05/2020. 

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Mañufe

editar
Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)